jueves, 30 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa día 34

Como estades hoxe queridos piratas????????????😃😃😃😃😃

Que dicides que tedes fameeee 😋😋??????????? pero si é moi cedo ainda jajaja

Pois iso ten un arreglo moi sinxelo… imos a deixarvos unha receita ca que chuparse os dedos  ✌✌✌👌👌👌!!!!

Necesitaredes a axuda de un adulto para cortar ó final de todo e meter no forno pero vós poderedes facer todo o resto!!!

Antes de nada debemos lavar 💧💧 ben as mans e preparar todo o que imos necesitar!! 
MANS Á OBRA!!!

PALMEIRAS DE HOXALDRE!!

Para a nosa receita necesitaremos:
- 1 masa de hoxaldre
- 1 paquete de peituga de pavo
- 1 paquete de queixo
- 1 ovo






Primeiro colocamos enriba dunha mesa a masa de hoxaldre ben estendidiña para despois botarlle as lonchas de queixo e de peituga de pavo...nós eleximos estes ingredientes pero podedes usar o que máis vos guste a vós.






Cando xa temos todo ben colocadiño enriba da masa, temos que empezar a enrolar todo, comezaremos dun lado e farémolo ata a metade da masa, despois o mesmo do outro lado ata que se unan as dúas partes no medio.





 Agora toca cortar, polo que pedide axuda a un adulto vale?? que sabemos que sodes moi maiores xa, pero mellor é usar os coitelos con precaución e coa supervisión dun adulto...👩👨
Pois dito esto... a cortar....!!!! temos que cortalos deixando polo menos o ancho de un dedo para que non se nos salga o queixo e a peituga por fóra  (que se vai sair un pouquiño igual asique non vos preocupedes si vedes que se sae o queixo).



Cando estén todos cortados, batimos o ovo  e "pintamos" todos os cachiños co ovo batido.


Agora metemos todo no forno...podedes usar o papel de cociñar que trae a masa, teremos que ter o forno a 180º e tardarán uns 15-20 ⌛minutiños...dependendo do forno claro jajaja pero como vós sodes uns chef xeniais xa vos daredes conta cando as palmeiras están listas jajaj


Como veredes, nós somos moi golosas 😏😏 e como un día é un día pois botámoslle maionesa e kétchup...



ESTABAN RIQUÍSIMASSSS... E DICIMOS ESTABAN...PORQUE NO QUEDOU NIN UNHA!!!!


Como variante podedes facer con hoxaldre tamén figuriñas...soamente teredes que cortar o hoxaldre coas formas que máis vos gusten...corazóns, estrelas, círculos... 



Faremos duas figuriñas de cada, unha usarémola para colocar os ingredientes que vos gusten e a outra colocarémola enriba como si fose a tapa, tedes que apretalas ben polos bordes para que non se escape neste caso o chocolate 😋 pero podrían ser de queixo e xamon, chourizo, atún... igual que nas palmeiras.
Pintámolas con ovo.... e o forno!!! recordade pedir axuda sempre a un adulto!!

Despois de 15-20 minutiños no forno xa teredes as vosas figuras de hoxaldre listas para comer!!!

Con isto deixámosvos por hoxe, pero recordade que na fin de semana chegan esas fotiños que tanto vos gustan!!! 
Que teremos que facer con estas?? estade moi atentos e sobretodo esperamos que o pasedes moi ben coas nosas probas!!!

EEhhh EEhhh non vos olvidedes de gardar algunha palmeira para nós que sabedes o que nos gustan jajaja
Mandámosvos un beso enorme piratiñasss
😘😘😘😘😘





No hay comentarios:

Publicar un comentario