lunes, 20 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Dia 27

Bo día amigos e amigas da aula, imos comezar esta nova semana na casa con moita enerxía e con ganas de facer moitas cousas. Por que? pois porque non só podemos pasalo ben cando imos ao parque, ou quedamos cos nosos amigos. En casa temos unha infinidade de actividadades divertidas que podemos facer.

Hoxe propoñémosvos 2 manualidades con movemento, que son moi sinxeliñas.  A ver que vos parecen.
A primeira é unha cara xiratoria e quedará así:


Materiais que imos precisar:
✿ Un folio de cores, ou se non tendes, un branco e pitádelo. Folio branco.
✿ 1 regra
✿ lapis
✿ 1 palliña
✿ 1 alfinete.
✿ A tapa dunha caixa
✿ tesoiras

Comezamos: O primeiro é facer dous círculos no folio, un máis grande e outro máis pequeno. Cun compás sería estupendo, pero se non tendes ningún, nos collemos un prato de postre para o de fóra, e unha cunca do almorzo para o de dentro.



Coa regra, faremos unhas raias unindo  o círculo grande co pequeno, como se ve na foto.








De seguido cortamos o círculo por fóra, e tamén as raias que fixemos. Cortade só ata o círculo de dentro, non pasedes máis de ahí.

Agora temos que dobrar o que acabamos de cortar. Fixádevos ben nas fotos como sería a forma de dobrar. 



 E quedaría así: 


 Podedes borrar as liñas de lapis para que non se noten. Queda facer os ollos e a boca. Os ollos cun folio branco e pintades o circuliño negro dentro; e a boca está feita cun folio vermello, pero se non tendes, podedes pintala.

Agora ides necesitar a axuda dun adulto. imos cravar o noso boneco na tapa dunha caixa de zapatos para que poida xirar. Collemos o alfinete e cravamos directamente na caixa.


Xa temos a nosa cara xiratoria. Só nos queda coller unha palliña e soprar. 



A segunda manualidade de hoxe vai ser unha marioneta 


Materiais que imos precisar
✦ 1 vaso de iogur
✦ 3 palliñas
✦ Celo
✦ 1 destornillador
✦ 1 chisqueiro
✦ folios
✦ Tesoiras
✦ Rotus
✦✦✦
Para comezar, temos que facer 3 buratos no vaso de iogur, e para conseguilo tes que pedirlle axuda a un adulto. Para que o vaso non se rompa, quentamos a punta do destornillador cun chisqueiro e facemos os 3 buratos, dous nos lados do vaso e un no fondo.

Collemos as 3 pallinas, e cortámoslle un anaco a  dúas delas.


As dúas pallas máis curtas métense polos buratos dos lados, e a palliña longa no do fondo do iogur.


Xuntamos a punta das 3 palliñas e unímolas con celo.


Agora imos decorar o noso vaso. Podedes facerlle o que queirades. Nós collemos un folio de cores, podedes pintar directamente no vaso do iogur con rotus permanentes, facerlle debuxos...  o que vos guste.

Fáltanos a cabeza e os patas do animal que prefirades. O noso é un oso panda, que debuxamos nun folio e pintamos. En internet hai moitas plantillas de animais, pero as monitoras queremos que o debuxedes vós para que quede máis auténtico.

Recortamos e pegámolo nas palliñas cun anaquiño de celo. A cabeza na de arriba, e as patas nas do lado.

Agora a xogar, se agarrades o vaso cunha man e tirades da palliña longa, o voso animalciño moverá a cabeza e as patas. Mirade que ben o pasa o noso:


Esperamos que vos guste, e se o facedes, colgade unha foto no noso facebook para ver que chulo vos quedou.
Ata a próxima piratas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario