sábado, 4 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Dia 18


Bo día piratas!!
Xa nos vai quedando menos, este malvado virus coronavirus ten os días contados, e pronto nos volveremos a ver. Pero mentres tanto nós seguiremos a plantarlle cara como ata agora; experimentando, xogando, rindo, cantando, en definitiva aprendendo cousas novas cada día.
Hoxe imos a probar con un material que normalmente se emprega para facer bufandas, xerseis, chaquetas…. Acertastes trátase da lá. Ainda que non o creades pódense facer moitas cousas bonitas e sinxelas como por exemplo unha MONECA DE LÁ, ¿Animádesvos a facela?

MONECA DE LÁ

OS MATERIAIS QUE NECESITAMOS PARA FACER A MONECA SON:
·         Lá de dous cores, para o corpo e para o cabelo
·         Tesoiras
·         Un trozo de cartón de entre 12 e 15 centímetros de longo
·         Fieltro para facer a cara
·         Rotuladores para pintar os ollos, o nariz e a boca
·         Silicona quente ou pegamento

OS PASOS PARA REALIZAR A NOSA MONECA SON:

  1. Enrolamos no cartón a lá, darémoslle unhas 15 voltas
  2. Retiramos a lá do cartón. Atamos a madeixa con un anaco de lá un pouco largo, para que podades colgar a vosa moneca ao cuello unha vez rematada. Atarémola un pouco máis arriba da metade. Esa será a cabeza.
  3. Para facer os brazos, voltamos a enrolar no cartón outro trozo de lá, darémoslle unhas 15 voltas e atamos os extremos  facendo un nudo ben forte
  4. Metemos os brazos, que acabamos de facer, por entre a outra madeixa, e apretámola ben contra a cabeza da moneca, seguidamente facemos un nudo por debaixo dos brazos. Esta será a cintura da moneca.
  5. Agora soamente queda recortar o extremo inferior da moneca, que será a falda.
  6. Cortamos unha tira pequena de fieltro, e pegámola arredor da cabeza da moneca, cubríndoa por diante e por detrás
  7. Para facer o cabelo cortamos trociños pequenos de lá, que ataremos polo medio. Pegámolos á cabeza coa silicona quente.
  8. Recortámoslle un flequillo, e por último debuxamos os ollos, o nariz e a boca.







¡Ollo, ahí van uns consellos!
  • Se queredes facer un moneco, no paso 5, en vez de recortar o extremo inferior, separades a madeixa en dúas partes iguais, e atades os dous extremos con lá, e cortades cada pe. Así teredes o pantalón do voso moneco
  • Unha vez feito a/o moneca/o podedes facerlle unha chaquetiña, unha paxarita, un delantal, unha falda, como decimos sempre ¡imaxinación ó pder!
Aquí vos deixamos un videotutorial moi sinxelo do paso a paso para facer unha moneca de lá.




FLUBBER OU MOCO DE GORILA

Como vos soa eso de moco de gorila, pois eso e o que vos propoñemos para facer asique remangádevos ben, porque imos meter as mans na masa, e facer un flubber, si si oistes ben. Como sabedes o flubber, tamén coñecido como “moco de gorila” é unha masa moi sinxela. Nuns simples pasos e con poucos ingredientes imos elaborar esta divertida masa que se vos escurrirá entre as mans. Aquí vos deixamos dúas receitas distintas, elexide a que máis vos guste.

MASA Nº1

 INGREDIENTES PARA FACER O FLUBBER
·         Xabón líquido de man ou corporal
·         Pegamento trasparente ou silicona liquida fría
·         Purpurina, da cor que máis che guste
·         Colorante
·         Auga quente
·         Unha culler
·         Un vaso
·         Un bol grande

 
O PASO A PASOPARA FACER O FLUBBER
  1. Verte nun vaso ou nun recipiente, entre 75 e 100 ml de pegamento líquido ou de silicona
  2. Engade un pouco de purpurina e colorante e remove ben. Desta forma conseguirás darlle cor o teu flubber.
  3.  Para que non quede tan sólido, debes engadir á túa mestura de pegamento e purpurina un pouco de auga (a metade de medio vaso) e remover ben.
  4. Agora verte o xabón líquido (serve o xabón de mans) noutro cuenco. Aproximadamente, 100 ml. Non utilices xabón de lavadora, porque irrita a pel e os ollos.
  5. Incorpora ao cuenco a mestura anterior e remove. Verás como deseguido a masa comeza a ser máis pastosa... ¡¡estase formando o moco!!
  6.  Esmaga a túa mestura e exprime a auga para retirar o excedente de líquido. ¡Xa está lista o voso moco de gorilal!
MASA Nº2

 INGREDIENTES PARA FACER O FLUBBER
·         1 taza de maicena
·         1 taza de auga
·         Colorante alimentario ou témpera
·         Unha culler
·         Un recipiente de plástico

O PASO A PASOPARA FACER O FLUBBER
  1. Comezaremos mesturando a cantidade de maizena co auga no envase de plástico. Usaremos a culler ata lograr unha mestura homogénea
  2. seguinte paso é darlle cor á mestura. Imos agregar a pintura aos poucos.
  3. Dependendo da tonalidad que queiramos, engadiremos máis ou menos cantidade. Tamén se pode utilizar purpurina.
  4. Continuamos amasando ben a mestura, pero esta vez usaremos as mans, ata lograr unha masa uniforme.
 Para conservala podedes gardala nun frasco de cristal con tapa de rosca.

¡Unha curiosidade!
No ano 1997,  estrenábase a película “Flubber e o profesor chiflado”. Na película, un profesor de universidade, que estaba un pouco chiflado e era un pouco despistado, inventaba una sustancia voladora e que producía enerxía.

Se tedes a oportunidade de vela recomendámosvos que o fagades porque ides a pasar un rato moi divertido.
¡¡Boa fin de semana amiguiños!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario