jueves, 25 de febrero de 2021

Aviso Semana Santa

 SEMANA SANTA  2021

Días: 29, 30, 31, 5

 

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.

 

Prazo de entregado 1 ao 18 de marzo .

 

Publicación das listas de admitidos: 22 de marzo no blog da aula e na páxina do concello.

 

Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:

 

  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada ( aquí )

  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.

  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.

  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.

  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.

    1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.

    2. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

  6. Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.

  7. Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).

 

 

Tfno. de información 988 25 93 85

 

No Pereiro de Aguiar, 25 de febreiro de 2021

 

O alcalde

 

Luis Menor Pérez


viernes, 19 de febrero de 2021

SeMaNa dE EnTrOiDo

 BOAS A TODAS E TODOS QUERIDAS NAVEGANTES!

Boas a todas e todos queridas navegantes!!1 Esta semana traemos novas fresquísimas do entroido aulero, pasade e disfrutade!!!!


Comezamos co LUNS de ENTROIDO: As supermonis tiñan preparado un monte de cousas, pero nada mellor para comezar o día que saír a respirar aire puro e buscar a Batcova...


Os máis cativos, decidiron seguir polos montes saltando penedos e outeiros varios, así como practicar para o futuro desfile que se aproximaba.



Mentres os máis maiores seguían no barco aulero para deixar todo listiño para as actuacións de media mañá....Traballaron arreo!!! Podedes ver o vídeo das actuación pinchando AQUI, ou directamente na nosa páx. de Facebook.

O MÉRCORES de ENTROIDO, foi outro día grande e cheo de emocións na Aula, pois enterramos Dona Sardiña.... Preparativos, engalanarnos e chorar, foron a tónica do día.


Preparación de tocados


                                    Engalanar a Dona sardiña







Se queredes ver o vídeo do desfile, tamén o tendes no noso Facebook, ou senon pinchade AQUI e listo.

Despois do Entroido, non pensedes que xa non tiñan ganas de traballar, mirade que pizarras máis chulas fixeron¡




Tamén fixeron traballar as súas cabeciñas, tentando resolver uns Xogos de Estratexia e Inxenio, que por certo..... resolveron estupendamente 👍


@s máis pequech@s adiantáronnos a primavera, facendo unha bolboreta multicolor e fermosísima¡




E por último, aproveitando os ratiños que non choveu....saimos ao patio a xogar, que nos encanta!!!





Buenos amiguiñ@s, pois ata aquí o blog desta semana entroideira. Vémonos o luns, para MÁIS E MELLOR¡¡¡ 


Bicos mil 💋💋💋💋💋💋💋





viernes, 12 de febrero de 2021

ACHEGÁNDOSE O ENTROIDO!

Boas Grumetes!

Aquí vos contamos como vivimos na aula a chegada desta época tan divertida, neste ano diferente que nos toca vivir. Aínda que as órdes do meco puxeron ao revés o noso vestuario, demostraremos unha vez máis que ter sentidiño non implica aburrrirse! 

Xogamos divertidísimos xogos de mesa...





Deseñamos uns Tirachinas cos que xogamos dabondo...

 

Coa lá descobrimos novas técnicas artísticas...


E creamos tamén antifaces!



Arrancamos o entroido coa tradicional batalla de comadres, elaborándoas..



e facendo unha trepidante carreira! 







E xa metidos de cheo no entroido unha tarde fomos Policías...



E outra Piratas!!


E cumprindo coas ordes do Meco, o venres tocou vir de pixama! 😆



Ata Concha foi moi obediente!!





E por se todo isto vos parece pouco, aínda sacamos tempo para preparar o San Valentín 💗💗




Pois esta semana despedímola con moita festa, nada máis e nada menos que bailando a Conga! , así que collede os antifaces, caretas, plumas, e veña! que aínda que esteamos na casa podemos pasalo moooi ben!!






lunes, 8 de febrero de 2021

semana do 1 ao 5 de febreiro

Boa tarde cibernautas, antes de meternos de cheo no entroido imos ensinarvos como nos divertimos a semana pasada. 

Resulta que nos gustan moito as medusas, así que diseñamos unhas moi coloridas, pero tranquilos que estas non pican.





Xogamos moito cos xoguetes da aula, pero non vos asustedes que cada vez que deixamos un, as monis desinfectan para poder ser usado outra vez: a seguridade é o primeiro.






Botamos unhas partidiñas de Hundir la flota,  os torpedos e mísiles voaban dunha mesa a outra. Seguro que moitos papis e mamis lembrades como se xogaba: auga, tocado, tocado... afundidooooo.



Atopamos un Minilagarto no pavillón, e como somos defensores do medio ambiente, deixámolo en liberdade para que regresase á súa casa.




Encántanos o universo, así que nos puxemos mans á obra e pintamos un mural para poder perdernos no infinito e máis alá.









Fixemos un curso de astronautas, no que ademáis de adiviñar onde se agochaban os planetas, fabricamos unhas rochas interplanetarias.








E como o universo está ben lonxe e non podemos ir a pé, construimos unha nave espacial para chegar antes. 🚀🚀


Que sepades que todos e todas aprobamos o curso de astronauta e por iso obtivemos o noso carné e a nosa chapa de astronauta profesional. Cando sexamos maiores xa podemos ir traballar á NASA. 




Os pequerrechos xogamos ao bingo das cores, co noso dado xigante que tanto nos gusta.



Adiviña que debuxo é!!! que dificil é facer un debuxo sentindo o que pinta o compi de detrás nas nosas costas. 



A ver se adiviñades como se chaman estes piratiñas que fixeron a inicial do seu nome!!!

Para poder ter os lapis e rotus sempre ordenados, fixemos uns Lapiseiros ben coloridos e rechamantes.



Xa que non podemos celebrar festas, decidimos usar as serpentinas para facer uns pins e imáns para a neveira. 





E ata aquí o blog da semana. Calentade motores para o entroido, que aínda que este ano sexa diferente,  podemos celebralo igual dende casa.

 Prudencia e sentidiño 💛💚💙💜