lunes, 31 de octubre de 2016

Preparándonos para Samaín.

Xa estamos de cheo no Samaín. E como o noso barco pirata necesitaba algo de cor, decidimos facer algunas cousiñas un pouco terroríficas:





Lemos o conto "A bruxa regañadentes" sobre una bruxa que tiña os dentes de ferro e quería comer nenos, pero os/as nosos/as piratiñas non tiveron medo porque o final o neno protagonista consigue vencela.


E fixemos maxia. Cunha cera branca que parecía que non pintaba nada descubrimos unha morea de debuxos con pintura azul. Arrea.... nin que fose cousa de bruxas!!!!!!!!!!






E polas tardes tamén traballamos coma mouchos (porque os mouchos traballan moito, verdade?)
Os/as piratiñas crearon esqueletos, cabazas bruxa, arañas...


Lucas, o capitán pirata dese día, leu o conto "A bruxa amorodo". Que bruxa máis boa, todos deberíamos ter unha así na casa.

Fixemos uns morcegos requetechulísimos que tiñamos que ter agarrados coas mans, por se nos fosen escapar.




E como non todo é traballar, tamén nos divertimos xogando ó Twister, que vaia flexibilidade teñen, parecen de goma.









lunes, 24 de octubre de 2016

Cousiñas varias

Xa estamos aquí de novo. Mirade todo o que fan os piratiñas polas MAÑÁS










Como nos gustan tanto as mascotas, fixemos uns canciños ou gatiños de papel, para levalos sempre con nos. Dobramos o papel, volvemos dobrar....ufffff que líoooooooo. Pero o final saíronnos requetechulos









Como somos moi sabios e gústanos aprender de todo, sempre escoitamos mil e unha aventuras, para ter de que falar cos outros amigos/as piratas: Lemos o conto "Os avós"

e o de "A nai da nai da miña mamá":


Dádeme unhas cantas consoantes e vogais e fágovos unha palabra moi orixinal. Fixemos concurso de palabras e todos/as fixemos unha chea de composicións. 




E polas TARDES non pensedes que estamos folgazaneando. Decoramos a aula con nubes, xa que se non vos destes conta, estamos no outono (so que hai días que parece máis verán, xa o sabemos).



E como nos estamos achegando o mundo Samaín, lemos un conto de bruxas: "As Bruxas" para ir entrando en materia. Xa sabemos un montón sobre elas.