Cucú papás e mamás!!!
E isto que vos deixamos neste
enlace foi o que se entregou na reunión de onte.
Podedes descargalo ou simplemente esperar a que volo deamos o día que deixedes aos vosos/as cachorriños/as na aula.
Ademáis o primeiro día que veñades tamén vos entregaremos unha ficha individualizada de seguimento da Consellería de Igualdade para que a cubrades, asi como unha autorización xenérica para todas as saídas que fagamos.
En relación co tema piscina, este ano as monis estraremos esperando dende as 8:00 da mañá na marquesina que está pola entrada de arriba de Monterrey, casi enfrente a rotonda que está entre a gasolinera e a ITV.
aqui tendes unha fotiño do sitio en cuestión
Tema saídas: O día que vaiamos pasear polo encoro, sairemos dende a aula, pero teredes que recollelos no mesmo encoro, na explanada/parking que hai ao carón das comportas a partires das 13:30.
aqui vai outra fotiño do sitio
E cando baixemos ao Concello, pois igual: Sairemos da aula e recolleredes aos piratas abaixo, na Praza do Concello a partires das 13:30.
As saídas estarán sempre suxeitas ao clima e a posibles cancelacións por temas de organización. Nese caso, avisaremos mínimo cun día de antelación (non vos preocupedes).
Para calquera dúbida estamos a vosa disposición sempre que o necesitedes. Bueno, sempre, sempre non...Pero dentro do horario SI, e cun sorriso moi pirata!!!
Un saúdo e bo verán!