martes, 25 de febrero de 2014

Mapa do Concello

Como bos piratas que somos ADORAAAAAAAAAMOS os mapas.
De feito nesta entrada podedes ver outro que tamén fixemos e co que aprendimos moito, moito.
Asi que puxémonos máns á obra e fixemos un mapa do noso concello. Para estar seguro de que cada vez que atracamos imos ao sitio axeitado. Porque nós, non necesitamos mar nin océano para chegar a bo porto.





viernes, 21 de febrero de 2014

Varias tardes. Varios proxectos.

Ola,ola!
Aproxímase a fin de semana, e para que non vós aburrades, deixamosvós un par de ideas para facer cos peques e non tan peques tan casa.

A primeira é: Unha cestiña ben xeitosa para gardar todos os tesouros que vaiades atopando.

Só temos que ter algo de foam (goma eva), agulla gordecha, lá e pegamento.



E a outra actividade ten moito que ver cunha gran amiga do barco pirata. Gloria Fuertes, que para que non o sabía, na aula pirata xa limos algúns dos seus poemas e tivemos o placer de coñecer a Dona Sara e Don Ramón, pero hoxe tocou "Como se dibuja a un buzo", en internet podedes atopar moitos dos seus poemas, nós temos a sorte de ter un libriño con varias das súas obras. Pero senon aquí e aquí tendes algúns exemplos do que vós contamos.




Saudos piratas e forza amig@s!

martes, 18 de febrero de 2014

Normas e como funciona o Programa Concilia.



PROGRAMA CONCILIA O PEREIRO DE AGUIAR




NORMAS DO PROGRAMA CONCILIA

•    Este servizo está destinado a pais/nais traballadores en activo.
•    A ausencia dos usuarios ao servizo deberá ser comunicada cunha antelación de 24h por escrito.
▪     No caso de non avisar o usuario perderá a súa praza pasados 5 días lectivos.
•      Só poderán acceder ao servizo os empadroados no concello.
▪      Durante o curso lectivo poderán asistir os matriculados no CEIP Ben Cho Shey
•      No servizo non se realiza cambio de muda. En caso de necesitalo avisarase aos pais/ nais.
•      Non poderán asistir á aula concilia os usuarios que se atopen nas seguintes situacións:
▪      Nenos non escolarizados menores de 3 anos.
▪      Nenos/as con febre superior a 38,5°C.
▪      Nenos/as con problemas intestinais que impidan o desenvolvemento da vida cotiá.
•      No caso de que os usuarios teñan algún problema de saúde (alerxia, intolerancia,…) ou se atope nalgunha outra situación especial deberá comunicalo aos monitores por escrito.
Circunstancias especiais
−    Período non lectivo:
▪     A hora de entrada ao servizo vai dende as 7:30h as 9:45h.
▪     A hora de recollida é de 13:00h a 14:30h.
▪     No caso de que algún pai/nai comece a traballar despois do peche do prazo de inscrición poderá preguntar na aula se quedan prazas libres.
−    Período lectivo:
▪     Os almorzos, que os usuarios traian da casa, terán lugar entre as 7:30h e as 9:00h.
▪     As merendas, que os usuarios traian da casa, terán lugar entre as 18:00h e as 18:30h.
▪     Os usuarios que asistan ao programa concilia polas tardes deberán avisar de calquera cambio de horario por escrito. En caso de dúbida os usuarios serán recollidos  á saída da escola.
▪     Os monitores non se farán cargo de recoller aos usuarios das actividades extraescolares.



lunes, 17 de febrero de 2014

CONCILIA ENTROIDO



Queridos pais e nais:
         O Programa Concilia infórmavos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA AS ACTIVIDADES DO ENTROIDO (3 e 5 de Marzo). 
ESTÁ ABERTO
 
A partir deste día, poderán entregar a inscrición, xunto coa documentación que se describe a continuación, na aula d’Abaixo:
·        A ficha de inscrición do Entroido 2014 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2013-2014).
·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos Pais/nais. Os autónomos terán que cubrir unha declaración xurada do seu propio horario, esta folla pódena solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo)..*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2013-2014).
Moitas grazas, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
17 DE FEBREIRO de 2014

viernes, 14 de febrero de 2014

O mirón-fisgón!

Nestas última semanas, na hora de manualidade piratil, estivose fabricando un trebello dos nosos para axudar na vixianza de portas, fiestras e demáis... Que o barco é moi grande e non damos a todo. Chamámoslle:

O MIRÓN-FISGÓN. Só necesitamos dun tozo de cartón, xornais vellos, cola, pintura e imaxinación. Aí vós vai o proceso!








Skeletor

Onte pola tarde os/as piratas decidiron estudiar máis a fondo o corpo humán.

Non vaia ser o demo que atopen unha caveira mentres busquen un tesouro e non saiban identificar o que é iso!

Asi que puxerónse mán á obra e quedaron moi impresionadxs con este tema dos ósos.

A idea e o material sacámolo deste blog moi chuliño. Ten para descagar os imprimibles por si o queredes facer na casa!

Tendes que desculpar a calidade das fotos, pero é que por agora seguimos sen cámara! De tódolos xeito aos piratas nunca nós gustou posar! :)