viernes, 18 de diciembre de 2020

SEMANA 14 AL 18 DE DECEMBRO

 Ola raparigos e raparigas¡¡¡¡

Pouco queda para as vacacións de Nadal, pero nós non paramos e esta semana non vai ser menos, así que pasade a ver o que fixemos estes días.....


Os pequerrechiños disfrutaron xogando no "Circuito da Aula".






Os medianos da Aula estiveron afinando a súa puntería, xogando a encestar aros, eso sí, previa fabricación dos mesmos.








E non, non nos confundimos de época....xa sabemos que vai ser Nadal, pero apetecianos tanto disfrazarnos, que fixemos unhas caretas e quedaron ben chulas¡¡



Vedes como non nos confundimos 😝, aquí estamos facendo estreliñas de Nadal para as nosas casas.


Os/as nenos/as no salón de actos, non o pasaron nada mal eh¡¡ 

Tornaron o frío, bailando co Just Dance¡


 Exprimiron o cerebro, construíndo figuras e xogando ás adiviñas.




E os/as máis maiores, no pavillón.....

                                                        Xogaron cos Legos

Co Party and Go

Ao brilé


Á búsqueda do tesouro


E para levar o noso agasallo de Nadal, estivemos fabricando as nosas  "Caixas de Sorpresas". Quedaron ben bonitas¡¡¡¡ 






E rematamos a semana. 

Todos estamos impacientes porque chegue a que ven para disfrutar das vacacións.

Eso sí, este ano é especial, e aínda que teñamos moitas ganas de estar coas nosas familias e amigos/as, debemos respetar todas as medidas de seguridade: distancia interpersoal, lavado de mans, o uso da máscara e todas as medidas que nos indiquen as autoridades sanitarias (xa sabedes, eses homes e mulleres que saben tanto de virus e esas cousiñas). Queremos que o vindeiro Nadal, esteamos tod@s, así que disfrutemos pero con SENTIDIÑO máis que nunca¡¡¡


Unha aperta grande e un bico das monis da Aula D´Abaixo 👄 

martes, 15 de diciembre de 2020

SEMANA DO 7 Ó 11 DE DECEMBRO.

 Ola de novo piratas!

O Nadal está chegando, e dende a aula estamos traballando arreo para meternos de cheo nel. Deixámosvos unha boa mostra de todo o que estivemos argallando  😊



OBRADOIRO DE MARCO DE FOTOS 








E NON PODÍA FALTAR UNHA BOA SESIÓN DE KARAOKE...


E FIXÉRONO XENIAL, TANTO EN GRUPO COMO EN SOLITARIO. SON UNS AUTÉNTICOS ARTISTAS!!!!!



 ADICÁMOSLLE VARIAS SESIÓNS A ELABORAR UN POBOADO DE NADAL. NON FALTA DETALLE😉


       
 
E NON PODÍA FALTAR A DIVERSIÓN NA
 AULA CON XOGOS E PINTURA CON XIZ     
    





E TAMÉN ADICAMOS ALGUNHA
 SESIÓN Ó MUNDO MUSICAL  







 


 

 

lunes, 7 de diciembre de 2020

Semana do 30 de Novembro ao 4 de Decembro

 Aulers... chegou DECEMBRO!!⛄⛄

Chega o frío, a choiva a neve... chega o momento de despedirnos do noso xoguete favorito do outono... As follas! 😆


Tempo de despedirnos dos animáis do campo... 🐸🐸🐸




E de xogar xuntos!



Tempo de empezar a pensar no NADAL!!!🎄. 

Aquí na aula xa empezamos a disfrutar da ilusión e da maxia que traen estas datas, pase o que pase. Qué? que non o creedes? Pois asomádevos e contaxiádevos do noso espíritu 🌟🌟😉

Primeiro decorando as ventás...






E creando a nosa árbore!



Quedou chusquiña, eh? Se e que son uns artistas!! 😍



E cómo non, afinando as gorxas para cantar as panxoliñas! 





Pois ata aqui a estrea de decembro, non nos perdades de vista... temos preparadas un montón de sorpresas!! 😃