Que semaniña!! xa estamos rematando o verán pero os piratiñas seguimos a tope. Comezamos o luns con moita marcha e aprendendo moitas cousas de Educación vial:
* A Respectar as normas de circulación
*A facer un uso responsable dos medios de transporte
*A ter actitudes correctas en relación coa seguridade
Na nosa Aula pirata tivemos a.......
VISITA DA GARDA CIVIL E DOS GES DO CONCELLO
Na nosa Aula pirata tivemos a.......
VISITA DA GARDA CIVIL E DOS GES DO CONCELLO
DIVERTIDOS CIRCUITOS ¡!
OBRADOIROS!!
TEATRIÑOS E CORTOS EDUCATIVOS !!
"peóns e conductores temos moito que aportar "
Ademáis.......
Esta semana á Aula arrivou,
chegado de moi lonxanos mares,
un enorme tiburón,
que dun enorme bocado
a algúns piratiñas papou.
Despois do susto que levamos, para quitarnos o medo puxémonos mans a obra e fixemos uns bonitos portavelas de moitas formas e cores
Cómo nos gusta traballar coas mans!!, facer obxetos diferentes para xogar, para gardar cousas, para decorar, e.... tamén para comer!!
O mércores cociñamos unhas gominolas caseiras, non vos preocupedes papis porque son golosinas saudables e feitas con ingredientes de calidade, made in Aula Pirata!!!
Como novidade este ano, celebramos o 1º Entroido de verán, @s nen@s viñeron vestid@s cos seus mellores disfraces enchendo de festa e cor a nosa Aula, os nen@s participaron en moitas actividades como desfiles de disfraces, bandas sonoras, karaoke, bailes ... Estamos seguras de que vai ser unha actividade que se repetirá cada verán
E para rematar ben a semana, e como traballamos moito, merecemos un descansiño, e un bo chapuzón fresquiño, o venres sairemos da Aula e pasaremos o día en Monterrei,
Vémosvos alí a todos!!