lunes, 21 de marzo de 2022

AVISO AULA CONCILIA SEMANA SANTA

 SEMANA SANTA  2022

Días: 11, 12, 13 y 18

 

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.

 

Prazo de entrega: do 21 de marzo ao 1 de abril

 

Publicación das listas de admitidos: 6 de abril no blog da aula 

 

Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:

 

  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.

  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.

  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.

  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.

  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.

    1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.

    2. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

  6. Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.

  7. Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).

 

 

Tfno. de información 988 25 93 85

 

No Pereiro de Aguiar, 21 de marzo de 2022

 

O alcalde

 

Luis Menor Pérez


viernes, 18 de marzo de 2022

Xa cheira a primavera

 Boas Piratas!!!!

Aqui estamos de novo para mostrarvos unha pequena escolma de todo o que facemos no barco pirata ao longo das semanas....

Vento en popa a toda velaaaaaaaa piratiñas, que imos aló!!!!

As mañás son sin dúbida as máis complicadas, alguns piratiñas aínda veñen ca legaña pegada, o frío e a chuvia destes últimos días tampouco axudou...pero o bo humor e o xogo axudan a pasalo moito mellor.

  • Aproveitando que lle fixemos unha boa limpeza a nosa biblioteca do barco, atopamos tesouros agochados e contos marabillados!!!!


  • Os/as piratas somos moi aficionados/asa a arte...e pintamos moitísismo. Desta volta, tocou traballar a técnica da acuarela.

En canto as tardes, diremos que as veces fanse curtas, temos tantas cousas para pasalo ben que non nos chegan as horas...palabra de pirata. 

Para empezar, que saibades que xa estamos a decorar o barco para dárlle a benvida á PRIMAVERA!!!!!   

  • Comezamos cunhas bolboretiñas voadoras moi chusquiñas...



  • Seguimos cuns gusanos e caracois do máis boniti
  • Abellas e xoaniñas

  • E cun mural que colle forma pouca a pouco



  • Pregunta: Sabedes que aos piratas encántannos a sopa de tartaruga....Auténtico manxar e de postre...brochetas de froita con chocolateeeeeee!!!!!  



lunes, 7 de marzo de 2022

Tardes de Febreiro

 Boas familias!!

Además de disfraces máscaras e festas, na aula estamos moi atarefados, así que aquí vos deixamos algunhas das actividades que fixemos  

O xogo non para, así que hay mañás que toca o bingo,




Outras facer puzzles xigantes,



E o que nunca falta son os paseos pola chaira!!!




Unha tarde atrevímonos coa cociña, Primeiro fixemos donuts,










Despois chocolate...




E así disfrutamos dunha super-merenda!!












Ben pois aquí seguimos agardando a primavera, que xa falta pouquiño. Non nos perdades de vista, que aquí non paramos.

Ata a próxima!!