AVISO INFORMATIVO VERÁN 2018
Número de prazas ofertadas: 60
Prazo de entrega das solicitudes: do 22 de maio ao 5 de xuño (ambos
incluídos).
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das
Oficinas Municipais.
Os usuarios que desexen presentar a
súa solicitude a través da sede electrónica poderán facelo dende as 9:00 h. do 22
de maio ata as 14:30 h. do 5 de xuño de 2018.
Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: 12 de xuño, no
blogue da aula e na páxina web do concello.
Prazo de
subsanación de erros: do 13 ao 14 de xuño (ambos incluídos).
Publicación das
listas definitivas: 18 de xuño.
Requisitos:
- Estar empadroados no concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un
proxenitor).
- Ser pai/nai, titor/a traballador/a con incompatibilidade horaria para o
coidado dos/as fillos/as.
- Idade dos/as nenos/as
participantes: ter cumpridos os 3 anos e estar escolarizado/a no curso
2017-2018, ter 12 anos e estar cursando 6º de primaria no 2017-2018.
DOCUMENTACIÓN A
PRESENTAR
- Ficha de
inscrición debidamente cumprimentada(pincha aquí)
- Copia do
DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da
tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s
de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
- Vida
laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou
similar ) de ambos proxenitores.
5.1.
Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade
Social na que figure como autónomo.
6. No caso de familias
monoparentais: acreditación correspondente.
- Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.
Non será necesario presentar
aqueles documentos que non teñan experimentado variación respecto do ano
anterior, e que xa estean en poder desta administración. Non obstante os
referidos aos puntos 1, 4 e 5 deberán xuntarse obrigatoriamente.
Tfnos. de información 988 25 93
85 / 633120494.
No Pereiro de Aguiar, 14 de maio de 2018
O alcalde, Eliseo Fernández Gómez