lunes, 25 de mayo de 2015

COCIÑEIR@S!!












Hoxe, na Aula D'abaixo, os piratas fixeron a súa propia merenda. Como nos gusta a froita!e se leva chocolate... mellor que mellor!!

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN






AVISO INFORMATIVO VERÁN 2015
         O Programa Concilia infórmavos de que o prazo para inscribir @s nenos/as PARA AS ACTIVIDADES DO VERÁN 2015 COMENZARÁ O 25 DE MAIO E REMATARÁ O 5 DE XUÑO (ambos incluídos)
A partir dese día, poderán achegar a inscrición, xunto coa documentación que se describe a continuación, na aula d’Abaixo ou por medio do correo electrónico. Poderán descarlar neste enlace
·        A ficha de inscrición do Verán 2015 .
·        Declaración xurada de estar empadroado no Concello de Pereiro de Aguiar.
·   Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos Pais/nais nos meses do verán.
-      Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento de autónomo.
-      Familias monoparentais: certificado de empresa e a acreditación de familia monoparental/sentencia de separación ou divorcio.
A ficha de inscrición e a declaración xurada do empadroamento deberanse solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula d’Abaixo. *Esta documentación deberá ser presentada por TODOS/AS.
IMPORTANTE: Só se recollen instancias completas e dentro do prazo.

A listaxe definitiva se publicará o día 10 de Xuño, na porta do CEIP Ben-Cho-Shey, na aula D´abaixo e no Blog.

Moitas grazas, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
25 DE Maio de 2015

miércoles, 20 de mayo de 2015

Collares de macarróns!!

Mirade que manualidade fixemos o luns na Aula D'Abaixo!Uns collares de macarróns requetechulos!! Que ben o pasamos!!!














lunes, 18 de mayo de 2015

O noso libro das nubes


Despois de ler o conto O libro das nubes, fumos observar as nubes no ceo e entre todos creamos o noso propio libro das nubes para a nosa aula

Pasámolo moi ben creando a nosa propia nube e póndolle un nome!!!!




















lunes, 11 de mayo de 2015

marcapáxinas!!!!

Estos nen@s cada día fan mellor as manualidades, están feitos uns verdadeiros artistas... aínda que sempre queda tempo para estar un pouquiño no sofá..... :):):):)










martes, 5 de mayo de 2015

Día 4 de maio

Hoxe, como non houbo cole, pasamos a mañá na Aula D'abaixo. Fixemos un montón de cousas: unha neveira para a nosa cociña, aprendimos a entrenar ao noso dragón e tamén o creamos!... Que ben o pasamos!!