lunes, 31 de marzo de 2014

Inscrición Semana Santa



Queridos pais e nais:

         O Programa Concilia infórmavos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA AS ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA (14,15,16 e 21 de ABRIL) comezará o 31 de MARZO.
A partir dese día, poderán entregar a inscrición, xunto coa documentación que se describe a continuación, na aula d’Abaixo.
·        A ficha de inscrición da SEMANA SANTA 2013-14 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2013-2014).

·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos Pais/nais. Os autónomos terán que cubrir unha declaración xurada do seu propio horario, esta folla pódena solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo)..*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2013-2014).


Moitas grazas, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
31 DE MARZO de 2014

jueves, 20 de marzo de 2014

Como se dibuxa a un crocodilo

Piratas somos e piratas seremos, pero algo de poetas tamén temos!!

Por iso, está semana voltamos ler un poema de Gloria Fuertes, xa sabedes canto nos gusta. Iso si, procuramos que sexan con temática acuática, o mar é o noso entorno. E si da outra vez foi un buzo, desta falamos dun animal moi moi terrorífico.

Un animallllll enoooooormemente grande e verde....
                                   UN CROCODILO!!!

E non fixemos cada un o noso dibuxo non! Desta, foi un traballo piratil en grupo. Cada quen aportou o seu grao de arena! Mirade!







A que son chuliños @s nos@s piratas? E para rematar, unha fotiño de grupo!


miércoles, 19 de marzo de 2014

Feliz día do pai, avo, dos Pepes e das Pepas!

Pois iso, feliz día a todos os papis e tamén ós Pepes e ás Pepas!

Isto foi o que andivemos facendo para levárlles a casa uns regaliños e demostrárlles o noso amor a todos eses papis que tanto nos miman e nos coidan!

Porque os piratas temos un corazón moi moi moi tenro!



                            Eiquí alguns dos piratas mañaneiros preparando un detalliño!Que serios!!!






                         E por eiquí, alguns nen@s da tarde rematando o cuadriño

miércoles, 12 de marzo de 2014

E asi pasamos as tardes!

A min esta situación inspírame unha canción que non sei, nin quen a cantaba, nin porque a cantaba...Pero viña dicindo algo asi: " Y estaaaaaaamooooossss tan a gustitoooooooooo.....aiaiaiaiaiaiaiaia.....!"
Podería ser ista a canción?

Ou....

Ista??


Ai, enfin...A calor e o cediño que aínda é fainos tolear! Aqui tendes as fotos da nosa tarde de onte! Bo día amigos e amigas dos piratas!


 Traballando duro....
Hora da merena merena!

jueves, 6 de marzo de 2014

Dinámicas para teatreiros.

E para que vexades que non só traballan @s piratas da mañá. Isto é unha parte importante do que facemos no obradoiro de teatro.

Aí tendes o enlace a youtube do vídeo.

Unha do Entroido. Adeus Entroido.

Un pouco tarde, pero eiquí están. Isto foi o que andivemos facendo durante toda a semana pasada polas mañás.

Para coñecer mellor as nosas tradicións decidimos facer un repaso de tódalas máscaras e traxes do noso entroido.

Disfrutade.