viernes, 23 de julio de 2021

AVISO PRAZO INSCRICIÓN AULA CONCILIA CURSO 2021/2022




INSCRICIÓN   AULA CONCILIA

CURSO ESCOLAR 2021/2022

 

Continuando coa normativa vixente de aplicación en materia de Covid-19 o Concello de Pereiro de Aguiar ten previsto seguir co Programa de Conciliación (Aula Concilia) do vindeiro curso 2021/22 a partires do 9 de setembro. Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as en idade escolar, entre 3 e 12 anos, necesitan compatibilizar os seus horarios laborais e familiares.

 

Inscrición: Do 26 de xullo a partir das 9:00h. ata o día 6 de agosto ás 24:00h, poderase realizar presencialmente ou a través da sede electrónica. Deberase cubrir unha solicitude por cada neno/a.

 

Publicación das listas de admitidos: 27 de agosto, na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com). 

Prazo de subsanación de erros: do 28 de agosto ao 31 de agosto (ambos incluídos).

Publicación das listas definitivas: 4 de setembro.

Requisitos imprescindibles:


  • Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
  • Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR


  1. Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)
  2. Copia do DNI do/a solicitante
  3. Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Declaración IRPF do ano 2020, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
  6. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
    1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  1. Declaración responsable con respecto ao Covid-19.
  2. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

Debido a actual situación, relacionada co Covid-19, o número de prazas será limitado, seguindo as medidas de seguridade impostas pola Adminstración.

jueves, 8 de julio de 2021

AXUDAS DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E/OU MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2021/2022

 


AXUDAS DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E/OU MATERIAL ESCOLAR

DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2021/2022

Prazo de presentación

Finalizará o 30 de setembro de 2021.

Contía da axuda

100 euros para os cursos de 4º, 5º e  6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos)

Destinatarios

As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar que cumpran os seguintes requisitos:

a)   Convivir con  menores ao seu cargo,  escolarizados en centros de ensinanza públicos ou privados en tramos concertados en Educación Infantil.

b)   Estar todos os membros da unidade de convivencia empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2021.

c)   Non superar os 8.500,00 € de renda per cápita anual (Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%)

 

Documentación a presentar

a)   Anexo I de solicitude 

b)   Anexos II e III.

c)   DNI/NIE/PASAPORTE (en vigor) de todos os membros da unidade de convivencia

d)   Certificado do centro educativo no que estea/n matriculad@/s @/s nen@/s.

e)   Fotocopia da declaración do IRPF do exercicio 2020, de cada un dos membros computables da unidade de convivencia.  En caso de non estar obrigado a presentala, deberá achegar certificado negativo de facenda, certificado de imputacións de renda e xustificantes dos ingresos obtidos no ano 2020 (certificado empresa, certificado do SEPE, xustificante de pensión…)

f)    No caso de separación ou divorcio legal, copia da sentenza e do convenio regulador. En situacións de impago das achegas establecidas, copia da solicitude de execución de sentenza presentada ante o xulgado ou xustificante de inicio das actuacións.

g)   Documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude referentes ao artigo 4.

h)   Pódese presentar xa neste intre a documentación acreditativa da xustificación da subvención (factura orixinal) co fin de axilizar a tramitación do expediente.

 

Xustificación e pagamento

O prazo de xustificación da axuda rematará o día 30 de outubro de 2021.

Procederase ao pago da axuda unha vez que os beneficiarios xustifiquen debidamente o importe da subvención concedida mediante:

-        Factura orixinal ou copia cotexada do gasto realizado.

-        Declaración responsable de todas as axudas, solicitadas ou non, e concedidas ou non, para a mesma finalidade doutras administracións públicas ou privadas.

 

No Pereiro de Aguiar, na data da sinatura electrónica.

O alcalde, Luís Menor Pérez