martes, 31 de mayo de 2011

Material de Refugallo

Estimados/as papis e mamis;

dende a aula pirata queríamos pedírvos unha axudiña para recolectar material de refugallo para as manualidades, aí vos vai unha lista do que necesitamos:

- tetra bricks de leite, zume...

- corchos de botellas

- envases de plástico como por exemplo botellas de derterxente, suavizante, lixívia...

- envases de iogur

- arame

- bandeixas de porexpán (desas que dan nos supermercados cos fiambres)

- caixas de madeira (onde vén a froita e os legumes)

- trozos de teas, de papel de regalo

- cápsulas de café de máquina

-CDs

E bueno, calquera cousa que vexa. Que eiquí aproveitamos todo!

Moitas gracias e un saúdo!

jueves, 19 de mayo de 2011

Info para as actividade de verán na aula pirata


O Concello de O Pereiro de Aguiar infórmalles da apertura do prazo de inscrición para as actividades de Verán 2011 dentro do programa de apertura de centros fóra do horario lectivo, tamén coñecido como Programa Concilia, que se leva acabo na Aula de abaixo do CEIP Ben-Cho-Sey.

Horarios da aula pirata durante o verán:

Luns, Martes, Xoves e Venres: De 07:30 ata 14:30

Mércores: De 08:00 ata 14:30. (Día de piscina)

*Ó longo do verán faremos diversas excursións que farán variar este horario, sempre ampliandoo. Informarémoslles coa suficiente anticipación.

Duración:

Esta aula estará aberta todo o verán desde o 23 de Xuño ata o 9 de Setembro, agás o 25 de Xullo e o 15 de Agosto que pechamos por ser festivos en toda a Comunidade Autónoma.


As prazas no servizo:

Poden facer uso deste servizo os rapaces e rapazas de entre tres anos e dezaseis anos, que pertenzan o segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obligatoria.

Teñen que presentar:

  • Certificado laboral co horario laboral dos pais que xustifique que están traballando.
  • Certificado do padrón dos pais ou do neno/a.

*Os nenos que usan este servizo dende o Nadal 2010-2011 non están obrigados a presentar a documentación anterior pero si a ficha de inscrición

Admitirase ós usuarios por orde de presentación das solicitudes.

Datas para presentar a inscrición e os papeis:

Entre os días 1 e 10 de Xuño.

O 17 de Xuño sairán as listas de admitidos.

En caso de non asistir durante un periodo de 5 días consecutivos sen avisar ós monitores responsables do servizo, o usuario quedará automáticamente excluído do servizo, quedando a súa praza a disposición da lista de espera.


Día de piscina:

Os mércores, se fai bó tempo, acudiremos ó complexo deportivo de Monterrei, para facer xogos e acudir á piscina. Por esta razón comezamos a xornada un chisco máis tarde. Hai que levar ós nenos/as ata Os Gozos, no campo do Centro de Día, entre as 08:00 h e as 09:00 h. A esa hora faremos unha pequena andaina ata o complexo de Monterrei, a partir das 09:00 h un monitor estará xa en Monterrei para recoller os nenos/as que cheguen máis tarde.

Servizo de almorzo

Como novidade este ano e ante a demanda dalgúns pais ofértase a posibilidade de almorzar na aula, as condicións para que se poda realizar son:

  • Que o soliciten un mínimo de 15 nenos.
  • Se o número e inferior, que os pais destes nenos se poñan dacordo e fagan frente o custo dos cinco almorzos.

* Este servizo ofreceo a ANPA do CEIP polo que é de pago e alleo ó servizo, aínda que se leve a cabo dentro del.

lunes, 16 de mayo de 2011

Ponte das letras Galegas

Hoxe pola mañán, ademais de correr, xogar, colorear, tirar torres de cores e mil cousas máis, tamén deunos tempo de construir un móbil para decorar os nosos cuarto....
Iso si, a algúns custounos máis que a outros!














jueves, 12 de mayo de 2011

Aviso

Queridos pais,nais e titores/as poñemos en coñecemento que a partir de hoxe existe unha folla oficial como “Xustificante de non asistencia”, esta poderá conseguirse na propia aula, no blog ou previa petición ó noso correo electrónico. Este xustificante é obligatorio. A razón para impor esta medida é poder mellorar o servizo que se ofrece ós vosos rapaces e poder ofertar as prazas libres que queden nas diferentes quendas.

O Pereiro de Aguiar a 12 de Maio do 2011

Programa de apertura de centros fóra do horario lectivo

martes, 10 de mayo de 2011

Descubrindo o Pyssla


Aiiiii!!!! Que non sabedes o que é o Pyssla?????

Pois é algo que hai que usar con moito tino, ter moita paciencia e...darlle un pouco de calor!!!!







Et.......VOILÀ!!!!


miércoles, 4 de mayo de 2011

As tardes na aula...



As mañáns na aula....



E asi transcorren as mañáns na aula D'abaixo....

- Repasando...


- Lendo...
- Xogando...

Pero despois vén o mellor, O ALMORZOOOOOOO!!! 1º temos que coller o noso servicio (taza, vaso, pano...) todo o necesario para comer ben e moito




E despois....A COMER PIRATAS.....



Bueno pero non hai que esquecer a mesa dos nada comilones, que tamén mola!


E rematamos a mañan, recollendo as nosas mesas e saíndo ao patio (si fai bo, claro)



Bo día tod@s!!!!