martes, 28 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Dia 32

Ola piratas!!!! Brrrrrrrr....vaia días de frío e chuvia que estamos tendo.

Pois tendes sorte, porque hoxe ímosvos propor un día de EXPERIMENTOS, para facer ao quente e para os que non vades necesitar case ningún material. Preparados e preparadas??

MICROSCOPIO DE BECHOS.

Para este experimento só tendes que ter a mán unha fonte ou bandexa de vidro, un folio que teña algún debuxo de bechos, dinosauros, bolboretas.... o que vós queirades e por último, algo para tintar a auga (colorante, témperas...)

Este experimento é visual e si llo queredes facer a alguén é moi divertido e un chisco máxico. Para que o entendades mellor deixámosvos un vídeo aqui abaixo.


NEVE ARTIFICIAL.

Este experimento é sensorial e dá moitísimo xogo. Un vez fagades a neve tan só deixade que vós leve a imaxinación, poedes xogar con ela asi sin máis, crear minimundos, tintala, experimentar botándolle vinagre e ver como fai escuma....

Para realizalo vades precisar:
  • Bicarbonato (moito, moitísimo). A nosa neve quedou algo escasa e cremos que foi porque non botamos suficiente bicarbonato e a fonte era grande de máis.
  • Unha fonte de cristal para estender o bicarbonato.
  • Auga.
  • E a maiores todo o que se vós ocorra.
E como nós adoramos os vídeos, aquí vai outro para dárvos unhas ideíñas con este experimento.



Desfrutade e aprendede moito pequenos/as piratas!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario