jueves, 23 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 30


Bos días a tod@s¡¡

Hoxe imos deixar descansar todos os rotus, cartolinas, folios, pinturas....e imos a coller estes instrumentos.....
Niña Chef Imágenes De Archivo, Vectores, Niña Chef Fotos Libres De ...

Imos a facer dúas recetas moi faciliñas, para que nos amosedes a vosa faceta de cociñeir@s. 

COGOMELOS DOS ANANIÑOS

Ingredientes:

  • 8 ovos
  • 1 lata de atún
  • 1 ou 2 culleres de salsa de tomate frito
  • Tomates (dos que veñen en rama mellor)
  • Leituga
  • Maionesa

Preparación dos ovos recheos

Cocemos os ovos. Unha vez cocidos e fríos, pelámolos. 

Cortámoslle a base cun coitelo e sacamos con moito coidado as xemas (é a parte amarela do ovo).

Nun prato poñemos o atún (ao que antes lle escurrimos o aceite) cas xemas dos ovos desmigalladas, engadimos un pouco de tomate frito e removemos ben para que mezclalo todo.

Cando os ovos estean fríos, reenchémolos ca mestura que fixemos antes e ca axuda dunha culler pequena. 

No prato poñemos unhas folliñas de leituga. Logo poñemos os ovos coa base cortada sobre a leituga.

Lavamos os tomates, partímolos pola metade e vaciámolos. Poñémolos boca abaixo para que solten o zume. Imos a usar a parte que non ten o rabiño e poñémolas encima dos ovos.

Collemos un pouquiño de maionesa e facémoslle uns puntiños enriba dos tomates.




Xa temos o prato feito. Agora imos facer o postre¡¡¡ uhmmmm que rico¡¡¡

Este postre xa o coñecedes porque o fixemos na Aula algunhas veces, porque están boísimosssss¡¡¡ 😋 

Son os CAKE POPS

Ingredientes:
  • 250 gr. de virutas de chocolate blanco (ou chocolate con leite)
  • 250 gr. de bizcoito. Tamén valen madalenas 
  • 200 gr. de crema de queixo de untar, ou queixo mascarpone
  • 1 lámina para clavar os cake pops
  • Uns pauciños

1- Desfacemos o bizcoito ou as madalenas coas mans ata que quede case como se fose fariña



2- Incorporar ao bizcoito a crema de queixo e mesturar moi ben ata que se consiga unha masa homoxénea




3- Facemos boliñas cas mans


4- Metemos as boliñas na neveira unha hora aproximandamente para que se poñan duras. mentras tanto levamos as virutas de chocolate ao microondas ata que se derritan. 
Pasar o pauciño pola crema de chocolate e logo pinchas a boliña de bizcoito.


5- Rapidamente, pasar a boliña pola crema de chocolate para que se empape ben.


6- Por último, pinchar o pauciño no corcho blanco para que se enfríe e solidifique. E o cake pop estará listo para ser decorado como queirades.




Bueno amiguiñ@s, pois ata aiquí o blog máis comestible desta semana.
Recordade que se facedes algunha destas receitas, mandádenos vídeos ou fotos e compartirémolas no Facebook da Aula.

Biquiñosssssssssssss 💋

No hay comentarios:

Publicar un comentario