Mostrando entradas con la etiqueta guerrilla ecolóxica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta guerrilla ecolóxica. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de abril de 2014

O coello de Pascua xa marchou...

Ola a todxs: Esta é unha recopilación das mellores imaxes tomadas polo nosos móbiles, das actividades que fixeron os rapaces e rapazas da Aula Pirata.

Fixeron bombas de semente e o día seguinte as lanzaron por tódolos xardíns da escola para ver se logramos que sexan máis bonitiños.
 Tamén organizamos unha búsqueda dos ovos de pascua que o coello perdera na escola. Para ir ben preparados amañaron a súa propia cesta con foam. Despois de de atopalos os comeron con moitas ganas.


 
Con moitas, moitas!!



 Finalmente para rematar as actividades os rapaces e rapazas maiores escribiron e ilustraron o seu propio conto, "A princesa Capisura salva a súa nai". Unha vez rematado léronllo aos máis pequenos.

miércoles, 24 de abril de 2013

Guerrila ecolóxica

Coa chegada do bo tempo e sobre todo, da nosa amiga a primavera. Temos ganas de encher os campos de flores e de cheiros ricos ricos.
Asi que despois de buscar  e informarnos moitos, decidimos convertirnos en Guerrila ecolóxica da aula d'abaixo por un día.
Para iso, necesitamos botárlle moitas ganas e terra negra ou compost, arcilla, semillas de flores ou do que máis vos guste e un pouco de auga.

MEZCLAR A terra negra/compost coa arcilla (10 partes por 1) e botárlle auga ata que quede un ha pasta manexable

BOTÁRLLE UNHA SEMENTES (Nós tamén botamos unhas semente de albahaca que trouxo un moni da casa, a ver si da cheiriño), e facer unhas bombas ben cheitosas.


SAIR A DAR UN PASEO E DINAMITAR os campos sen flor que atopemos, a ver si nun mesiño aparece cheo de cores!!!!!






O ideal sería deixar secar as bombas un par de días, pero nós somos moi impacientes, asi que o fixemos todo ese día, a ver que pasa!

Un saudo Primaveral!!!!!!