miércoles, 26 de enero de 2011
lunes, 24 de enero de 2011
Xogando con pes e as mans.
jueves, 20 de enero de 2011
Inauguración do Museo Pirata
Xa podemos anunciar a bombo e platillo que o Museo Pirata abriu as súas portas onte. Todos os artistas e participantes estamos orgullosos e orgullosas de invitarvos a vir dar un paseiño e ver os marabillosos cadros que xa están expostos e a disposición do público. A entrada é de balde e si avisades con tempo, igual ata é posible que algún dos noso guías especializados vos explique porque o home de Munch grita desa maneira ou porque a Gioconda é "Mona" e é "Lisa".
Pero hai moitos máis cadros, e incluso tivemos unha exposición temporal de estatuas moi especiales.
Info para os papás e mamás
Papás e mamás, o próximo mércores día 26 de xaneiro, terá lugar unha reunión informativa acerca das actividades que desenvolvemos na aula Pirata, aí vós vai a carta que mandaremos en breves!!!
Un saudiño!
O Pereiro de Aguiar , 19 de xaneiro de 2011
Estimados/as pais e nais:
O próximo mércores día 26 de xaneiro terá lugar unha reunión informativa no Salón de Plenos do Concello ás 20:15 h.
Nesta reunión, falaremos de varios puntos referidos ao Servizo de Acollida de mañá e ao Servizo de Actividades extraescolares da tarde.
Da mesma maneira tamén haberá oportunidade para resolver cantas dúbidas poidan xurdir.
Agradeceríamos a súa presenza, xa que entendemos que é importante para a mellora do servizo.
Atentamente.
A coordinadora .
Asdo.: Ana Gómez Vázquez.