viernes, 17 de abril de 2020

Os piratas tamén quedan na casa. Día 26

Aloha pirata!!!! olla que días de choiva e saraiva acabamos de ter eh??? ☂☁☂

Pero hai que alegrarse e se temos que quedar na casa pois aproveitar o tempo para probar novas cousas. Hoxe as monipiratas propoñemosvos coñecer novas técnicas para dárlle un novo aquel as roupas que tendes polo voso camarote. Resulta que como non podemos ir as tendas a mercar roupa nova, pois decidimos dárlle un aire novo ás que tiñamos polo barco. Unha das técnicas seguro que xa a coñecedes, pero as outras dúas....Pois xa nos diredes...


E QUE VIVAN AS CERAS (Para facer no barco un día de choiva)
A primeira de todas é a de pintar con ceras. As ceras de toda a vida, cantas máis cores mellor e canta máis imaxinación, aínda mellor que mellor.

Imos necesitar:

  • Ceras
  • Afila ou coiteliño (coidado mangallonas e mangallóns, se usades coitelo que vós axude un/ha mariñeiro/a experto/a)
  • Camiseta, tea, guardanapo ou calquera soporte de tea de algodón, liño...que teñades a mán. Canto máis clariño, mellor.
  • Papel sulfurizado para o forno
  • Prancha
  1. Colocamos a camiseta ben estiradiña sobre unha superficie plana, e metemos no medio un cartón.
  2. Debuxamos o que nos pida o corpo ou ben, escollemos un debuxo en internet, imprimimos e metémolo por dentro da camiseta e repasámolo con rotu negro.
  3. Imos afilando as ceras e colocando as faragulliñas da cera nos lugares que queremos do dibuxo. Asi, asi...
  4. Para que as cores queden fixadas, poñemos o papel sulfurizado sobre o debuxo e co ferro ben quente, pasamos a roupa un par de minutos. 

E asi ficaron as nosas marabillosas camis novas!!!!
* Esta cami da lúa é da miña compi de barco, lémonos os pensamentos a kilómetros de distancia e fixemos unha cami cada unha sen falalo antes....😜😜😜


   A POR FLORES E FOLLAS (para facer un día de solciño e sairmos ao xardin)
Esta técnica é algo diferente, pero o resultado é tan bonito que nós encantou. Ademáis, podemos aproveitar para aprender o nome das plantas que temos pretiño de nós.

Imos necesitar:
  • Flores e follas
  • Unha tea máis ben fina
  • Un marteliño
E como se fai? pois moi fácil!!!

  1. Recollemos as flores e follas que máis nos gusten e colocámolos como vexamos sobre a tea escollida.
  2. Dobramos un anaco da tea por riba das prantiñas, que queden ben tapadas.
  3. Dámoslle co martelo, Con firmeza pero con moita suavidade, ata que vexamos como van saíndo as cores da natureza.
  4. Desdobramos e quitamos as follas e flores e deixamos secar á sombra.
O QUE TEMOS NA NEVEIRA??? (Para facer un día que queiramos experimentar)

Neste caso piratiñas, imos experimentar a tinxir unha tea con comida. Si grumete, con comida. Nós tentámolo con remolacha, agora volo explicamos, tranquilos.

Imos necesitar:

  • remolacha, té, graos de café, lombarda....O que pensedes que poida tinxir a auga. O mellor é que sexa en cru.
  • Vinagre e sal
  • Camiseta clara ou calquera tea que queirades.
Veña, empezamos.


  1.  Comezamos collendo a camiseta e poñémoslle unhas gomiñas do cabelo para que ao rematar o proceso queden uns debuxo ben bonitos.

  2. Botamos nunha pota auga abondo para cubrir a nosa camiseta e aí, añadimos 3 culleradas grandes de vinagre e outras 3 de sal.
  3. Botamos un anaco de remolacha ( a nosa xa estaba cocida asi que aproveitamos para botar o líquido da remolacha tamén). Deixamos que ferva e apagamos.

  4. Metemos a nosa camiseta na auga e deixámola a remollo ata que arrefríe a auga.
  5. Sacamos e tendemos.
E aqui está. Como podedes ver, máis que tinxir, dálle un toquiño de cor. Vedes o debuxo que deixan as gomiñas???

Amigas/os piratas, se vós animades xa sabedes, ensinade as vosas prendas novas. Cal vós gusta máis? Nós témolo clarísimo, a das flores encantounos!!!!😍☘


No hay comentarios:

Publicar un comentario