Ola de novo
amiguiños, cantos días levamos sen poder sair da casa, e cantas cousas facedes
durante o día: recoller o voso cuarto, ordear os vosos xoguetes, facelos
deberes, xogar, e seguramente tamén axudades na cocina os vosos papis.
Estamos pensando
que vos merecedes un premio, estamos pensando en algo blandiño, doce, suave,
que arrecende moi ben, ¿adiviñastes?, moi ben piratiñas, merecedes unha chuches.
As
monitoras da Aula creemos que é importante levar unha dieta saudable e equilibrada.
Integrar na vida diaria bos hábitos alimenticios e exercicio físico, é fundamental
para que medredes ben tanto agora como o longo da vida.
Sin embargo e debido
as circunstancias extraordinarias que estamos a vivir….. como vos estades a
portar tan ben…… e para que estes días se vos fagan máis levadeiros……, ¿que vos
parece se probamos a facer algo doce e divertido como unhas nubes e unhas
gominolas caseiras? .
Papis para facer
estas dúas receitas precisamos da vosa supervisión e axuda, estamos seguras de
que tamén o ides a pasar xenial.
¿Preparados,
pois a qué esperades? ¡empezamos!!
NUBES
Antes
de empezar a facelas nubes, imos preparar o que necesitamos:
·
200
gramos de azucre
·
100
gramos de xelatina con sabor (fresa, piña, limón, etc.)
·
20
gramos de xelatina neutra
·
200
mililitros de auga
·
Azúcar
glass
·
Colorante
(opcional)
·
Un
cazo
·
Unha
taza
·
Un
bol
·
Unha
batidora de varillas
·
Unha
culler
·
Manga
pasteleira (se non tedes podedes empregar unha bolsa de plástico pequeña, ben
limpa e facerlle nun extremo un corte cunha tesoira)
·
Unha
bandexa
EMPEZAMOS!!
Nun cazo botamos
a xelatina neutra, o azúcar e a metade da auga, e poñémolo todo a quecer a lume
medio, removemos de vez en cando. Mentras temos o cazo no lume, mesturamos nunha
taza a xelatina con sabor co resto da auga.
Deixamos a
mestura de xelatina neutra, azúcar e auga que ferva suave durante tres minutos. Engadimos a
xelatina de sabor, e deixamos que ferva tres minutos máis. Botamos todo nun bol
e deixamos cinco minutos a que se temple.
Mentras arrefría, imos preparando unha bandexa sobre a
que espolvorearemos azúcar glass, esto
facémolo para que as rocas de nube non se peguen ao fondo.
Agora piratiñas
toca sacar músculo
Transcurridos
cinco minutos, batimos a mestura que botamos no bol a velocidade máxima durante uns minutos, máis ou menos. Ó arrefriarse e cuallar a xelatina mentras se monta,
lograremos unha textura de merengue, é o momento de botala masa na
manga pasteleira, un consello tede todo preparado porque a masa vai endurecendo rápidamente.
Meteremos a
bandexa coas rocas de nube na neveira de unha a dúas horas, ou según vexades como está de compacta a masa.
Imos
pola segunda receita de hoxe
GOMINOLAS DE FROITA CASEIRAS
Que
ben sabe o que se fai na casa, e sobre todo se o facemos nós mesmos. Para as
gominolas caseiras necesitamos:
- zume de froitas: laranxa, limón, froitos bermellos,
piña. Podedes facer gominolas dunha froita de dúas, ou todas, eso sí
necesitaremos ¼ de litro de zume
- 30 gramos de xelatina neutra, pode ser en
láminas ou en pó, ésta última desfaise con máis facilidade
- Aceite vexetal, empregamos aceite vexetal porque
non lle da sabor as gominolas.
- Azucre (opcional. Se sodes moi golosos podedes
botarlle un par de culleradas)
- Un cazo
- Unha culler
- Moldes ou fuente
O paso
a paso é moi sinxelo.
Primeiramente
preparamos os moldes onde faremos as gominolas, untándoos co aceite vexetal,
para que cando saquemos as gominolas nos sexa máis doado. Se non tedes moldes,
podédelos facer nunha fonte. Reservamos.
Poñemos
un pouco de zume nun cazo, reservamos o resto, e botamos o azucre e a xelatina
neutra, quentamos esta mestura e cando esté derretida a xelatina retiramos o cazo
do lume e botamos o resto do zume no cazo, e removemos ben para que todo quede
ben mesturado.
Collemos os moldes que reservamos antes e vertemos a mezcla de zume, azucre e xelatina neles con coidado. Metémolos na neveira tres horas, máis ou menos, e cando estén duriños sacámolos do molde.
**
LEMBRADE que teredes que repetir todos os pasos con cada sabor que fagades.
E
despois de esperar unhas horiñas….. aquí está o resultado, xa solo queda que
lle metades un bocadiño, bon appétit !!
Esperamos
que vos gustara o que vos preparamos, a nós o que nos gusta é ver que o facedes
e que o pasades ben. Tamén nos gustaría ver como vos saen o que as monitoras
vos propoñemos, asique animádevos, sacade unhas fotiños e compartídeas con nós, ¡esperámolas!
Un
biquiño para todos, ata a próxima
No hay comentarios:
Publicar un comentario