Mostrando entradas con la etiqueta matemáticas divertidas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta matemáticas divertidas. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de enero de 2014

Matemáticas divertidas e xogando en igualdade!

Para empezar, os Monitxs, queremos disculparnos por esta ausencia, pero resulta que a nosa vella cámara (en realidade, ser era do Monito Modesto) morreu de morta morrida. Asi que andamos con serias dificultades para facer fotos xa que os noso móbiles non é que sexan marabillosos.
A nosa intención é seguir co blog para que todxs os papás e as mamás poidades ver o ben que o pasan os/as piratas, pero serán entradas moito máis puntuais. Sentímolo moito!

lunes, 2 de diciembre de 2013

Día de contas

O venres adicamos a tarde a xogar cos números. primeiro no pizarra e despois estreando a nosa MATEMÁQUINA.



Este trebello resulta moi motivador para os pequeno e non tan pequenos para achegarse aos números e para aprender a sumar.
Se buscades por internet seguro que atopades moitos modelos diferentes. Nós fixemos este.... (con 4 caixas, algo de pintura, un pouco de velcro e imaxinación para decorar).
E mira que lles gustou botar os pompóms polos tubiños para contalos despois. Iso si, só un ratiño que contar cansa. Outro día, outro pouco!

E despois, para poñer en práctica todos eses número tivemos sesión de BINGO!