lunes, 4 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa día 35

Bos díassss a tod@s pirataaaassss!!!! 😎😎
Esperamos que o pasarades moi ben na fin de semana, dando eses paseiños que tantas ganas tiñamos tod@s!!! 
Tedes pensado saír hoxe tamén???? Pois deixámosvos encargado un recadiño… cando vaiades de paseo acordádevos de recoller 6 pedriñas que nos van valer para a manualidade que vos propomos hoxe!!! E diredes..pero para qué queremos nos 6 pedriñas 😕???? Pois ides a descubrilo agora mesmo...seguide lendo!!!!!


UN 3 EN RAIA DIFERENTE!!!
Tod@s coñecedes este xogo verdade??? pois agora podedes facer un na casa con moi pouquiñas cousas...estade atentos!!!


QUE IMOS NECESITAR....
-1 Folio ou cartolina branca
-Rotuladores ou ceras
-1 Regra
-6 pedriñas pero pequenas ehhh jajja
-2 pintauñas


COMEZAMOS CO TABOLEIRO!!!
Primeiro de nada imos facer un cadrado no folio, nós fixémolo de 15cm x 15cm, e dividímolo en 9 cadradiños que van a medir 5x5 cm cada un claro está jajaja...


Despois imos a pintar cada cadrado de maneira diferente, para que así nos sexa máis sinxelo ver as xogadas!!!
Recortamos o taboleiro do folio e xa temos una parte acabada...imos pola segunda!!!


É O TURNO DAS PEDRIÑAS!!!
Temos 6 pedriñas polo que temos que pintar 3 iguales e outras 3 de outra maneira  para así diferenciar as de un xogador e outro.
Para iso nós imos usar os pintauñas que seguro que temos un montón pola casa, e pintaremos as pedras con eles!!!
Seguro que nunca usastes os pintauñas de esa maneira ✌✌✌ jajjaja




LISTO PARA XOGAR!!!
Agora solo tedes que decirlle a alguén que xogue con vós o xogo que acabades de construir vós soiños!!! pero recordade que non se pode facer trampas ehhhh jaja seguro que pasades uns momentos super divertidos xogando!!!



Pero por si chove e non podemos ir de paseo... tamén vos imos deixar unha manualidade moi sinxela para facer dentro...

A PERRUQUERIA PIRATA

A cantos de vós vos gustaría ser perruqueir@s??? pois con esta manualidade poderedes selo tod@s!!!

QUE IMOS PRECISAR...
-1 folio
-1 rotu
- 1 trozo de plastilina, si tedes de varias cores sería perfecto

COMEZAMOS!!
Antes de nada imos a pintar no folio unha cariña 😀😊😋😜...como vos queirades, queda a vosa elección jaja, nós pintamos 2 porque imos facer dous peinados diferentes!!!


Unha vez teñamos as caras pintadas, só temos que deixar voar a nosa imaxinación e pensar nos peinados máis divertidos e aloucados que podamos facer….
Se queredes tamén podedes facerlle o cabelo moi longoooo e despois irlle arreglando as puntas como os auténticos perruqueiros!!!




Pois ata aquí o blog de hoxe!!! 
Seguro que ides a facer o 3 en raia máis divertido e os peinados máis aloucados de todo o Pereiro!!!
Seguiremos coa aventura mañá pero non vos olvidedes de mandar as vosas fotos, que se nos gustan pois podemos facer o peinado nós para cando nos vexamos jajaja
Mandámosvos una forte aperta e un millón de ciber bicos!!!
😘😘😘😘😘







No hay comentarios:

Publicar un comentario