miércoles, 1 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa Día 15

Ola piratiñas¡¡¡¡

Como estades??? todo ben, non si?

Bueno, pois coma tódolos días, imos propoñervos algunhas cousiñas para que fagades na casa, e as compartades connosco e todo o mundo, porque as colgamos no Facebook da Aula.

Como xa sabedes, estamos na primavera, que parece que a temos un pouco esquecida con todo o que está a pasar, pero non a podemos olvidar¡¡¡¡¡

Así que.....para darlle un pouco de cor e alegría ás nosas vidas, imos facer unha PINTURA INFLABLE ben chula....

Necesitamos:
- Cola
- Espuma de afeitar
- Colorante alimenticio
- tarriños
- un pincel



1º. Botamos un dedo de cola no tazón


2º. Agora botamos a mesma cantidade de espuma de afeitar. Asegurádevos ben de que haxa a mesma cantidade de cola que de escuma.


3º. Engadimos o colorante alimentario. Entre 10 ou 15 gotiñas será suficiente. Podedes mezclar varios colorantes, para crear mais cores.....



4º. Mezcla suavemente os ingredientes ata que vos quede unha pasta espumosa e uniforme



5º. Quedaranvos unhas cores tan chulas coma estas. Se queredes que sexan mais fortes, engadides mais colorante



6º. Xa tedes as vosas pinturas, agora a PINTAR¡¡¡¡

Notades que é un pouco mais densa que a pintura normal? pero pronto vos faredes a ela, non vos preocupedes



 O mais chulo desta pintura e que cando seca, queda a textura espumosa como podedes ver nas fotos





E para seguir co tema de hoxe da primavera, imos facer un EXPERIMENTO - MANUALIDADE cunhas flores de papel que se abren soas na auga, e non é maxia ehhh, aínda que o pareza...😋

Necesitamos:

- Un recipiente con auga (un bol, un plato fondo, unha tina....o que queirades ou teñades a man)
- Folios
- Rotuladores de cores
- Tesoiras

1º. Nun papel debuxa e colorea unha flor e recortádea.

Podedes empregar estas plantillas ou algunhas parecidas,
pero é importante que os lados da flor sexan mais ou menos iguais e que se dobren ben

2º. Dobrade os pétalos cara o centro

3º. Agora poñede a flor enriba da auga, no recipiente que escollestes para este experimento-manualidade e tendes que agardar un pouquiño....Xa se abren¡¡

Queredes velo? pois premede aquí

Pero sabedes porque pasa esto?? 

💭o papel está composto de fibras entrelazadas de celulosa e lignina, que a súa vez proceden da madeira. Estas fibriñas funcionan como pequenos capilares que son capaces de absorber a agua do recipiente. Con esta agua as fibras hinchan e enderéitanse, o que provoca que os pétalos da flor se abran.


Para rematar o día de hoxe tan primaveral deixámosvos un enlace a un IOGA-CONTO, para que o escoitedes e fagades algo de exercicio tamén que non so van traballar as mans e a cabeciña....

Titúlase    O CONTO DAS MARIPOSAS


Despedímonos por hoxe, e non esquezades mandarnos os vosos vídeos ou fotos das cousiñas que fagades, que nós raudas e voloces, colgarémolos para que vexan todos o ESTUPENDÍSSISISSIMOS QUE SODES¡¡¡


Un biquiño moi grande e ata mañán piratiñas¡¡¡¡¡¡ 💋










No hay comentarios:

Publicar un comentario