Así que hoxe, para que todos vexan que sodes responsables e quedades na casa, ou lle queredes mandar moito ánimo a todo o mundo, imosvos propor o seguinte reto:
Seguro que estades cansos de xogar con todos os xoguetes que hai por casa, que as monis sabemos que tendes montes e moreas deles. Pois ben, queremos que collades os vosos xoguetes, e fagades unha frase con eles.
- Ehhhhh? Pero que nos están pedindo as monitoras desta vez? Que cousa máis rara....
Pois non creades que é rara, fixádevos na frase que vos queremos mandar dende as nosas casas:
Como podedes ver, nós non temos tantos xoguetes coma vós, así que hai que apañarse co pouco que había por casa: o jenga, un xogo de memoria, uns portalapis, uns moedeiros, algún que outro caramelo (que despois da frase acabou na barriga da monitora, jeje)... o que se vos ocorra. Podedes usar o que queirades. Iso sí, coidado coas b ou v, ou h ou sen h...... todas esas regras que coñecedes moi ben.
Ímosvos ensinar o que fixo Manuel, un neno de 6 anos que é moi responsable e dille a todo o mundo o que debemos facer. Como nos gusta esa frota de coches que ten.
Escribide a frase que máis vos guste, para animar a alguén, para que sexan responsables, ou incluso cómo vos sentides.
PORFI: SUBIDE AS FOTOS AO FACEBOOK PARA CONSEGUIR ANIMAR A TODO O MUNDO.
PORFI AINDA MÁIS GRANDE: cando rematedes, non deixedes os xoguetes tirados por ahí, que nos coñecemos. Facede o favor de recoller e deixar cada cousiña que usastes no seu sitio. Moitas grazas piratas.
E despois da foto, imos construir un aparello, xogo, utensilio.... non sabemos moi ben como chamarlle, pero é moi divertido. Imos facer uns PES ANDANTES.
Materiais que imos necesitar:
⏩ Cartolina
⏩ Lapis
⏩ Os pés de mamá ou papá.
⏩ Un rolo de cinta de embalar ou cinta americana.
⏩ Un pau de pincho moruno.
⏩ 1 palliña.
⏩ Tesouras.
⏩ Celo.
Para comezar tendes que coller a cartolina e un lapis e ir en busca de mamá ou papá para pedirlle que se descalcen, porque necesitamos o molde dos seus pés. Ten que ser un pé grande, pois se facedes os vosos son pequenos e en lugar de camiñar van dar voltas. Que coloquen os pés na cartolina e vos co lapis repasádeos.
A continuación recortaredes os moldes.
Despois cortades o pincho moruno á medade e quitádelle a punta. Este paso igual é máis complicado así que se non conseguides, pedide AXUDA a un adulto. Agora hai que pegala dentro da cinta de embalar, pero asegurádevos que queda unha arriba e outra abaixo, como na foto.
Cortade a palliña tamén a metade. Nós collemos duas palliñas pequenas, das que veñen nos bricks de zumo. Pegádeas na parte de abaixo dos pés, como na foto.
Agora só nos queda meter as palliñas polo pinchos morunos.
Agora só tendes que darlle un empuxonciño e... a camiñar.
E ata aquí o blog de hoxe, moita forza e ánimo piratiñas, que o estades facendo moi requeteben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario