viernes, 28 de diciembre de 2012

Fin de ano pirata







Un ano máis, e como empeza a ser tradición, festexamos a festa de fin de ano pirata. fixemos "Pop ups" e tomamos os 12 gusanitos nas campanadas.


E por suposto, tamén caeu algunha Inocente, je, je

Turrón de Nadal





O xoves 27 aprendimos a facer un delicioso turrón de chocolate. Estaba para lamber os dedos.

Novas manualidades de Nadal

 Aquí tedes algunhas manualidades que os nosos artistas-piratas fixeron nos primeiros días de Nadal. Esperamos que vos gusten.



Os pequenos fixeron árbores con depresores e os maiores un peto,  feito de escaiola, con forma de porquiño.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Ponte do 7 de Decembro




Quridos amigos esta ponte de decembro os nosos piratas adicaron  parte do día a decorar unha árbore de Nadal feita con materia de refugallo. Aquí vos deixo o resultado, a ver que vos parece.

Programa Concilia Nadal



Queridos pais e nais:

         O Programa Concilia infórmaos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA O  NADAL DE 2012 (DÍAS 26,27, 28 Decembro e 2,3 ,4 e 7 de Xaneiro) queda aberto.
Para anotar ó nen@ é OBRIGATORIO  entregar na Aula D’abaixo:

·        A ficha de inscrición do curso 2012-13 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.
·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos País/nais.

*QUEDAN EXENTOS DE ENTREGAR O CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO E OS CERTIFICADOS LABORAIS TODOS AQUELES NENOS QUE XA OS ENTREGARAN PARA O CURSO 2012-2013.
Moitas gracias, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
7 de Decembro de 2012