lunes, 25 de enero de 2016

Entón.....a que adicamos a semana pasada os piratiñas?

Ola ola piratas!!!

A Semana pasada fixemos algunha que outra cousiñas....Limos un conto titulad "Gato rojo, gato azul", é que a nós, os piratas...adoramos os gatos, pq no noso barco faínos moito servizo ademáis de darnos moito cariño.

E despois de ler o contiño, ao día seguinte fixemos o noso propio gatiños....de todas as cores!


Ademáis, os piratas somos moi curioso e moi atrevidos asi que, por un día, e sen que sirva de precedente....Deixamos o noso navío e collimos o tren para conquistar Europa!
Para rematar á semana, e depois de moito discurir cos noso vellos rotus, decidimos probar unha nova técnica de debuxo...ROTU-ACUARELA....Técnica fina, filipina que consiste en quitarlles a carga dos rotus xa gastados, metelos en auga e deixar reposar.....E A PINTAR GRUMETES!!!!


E cando xa non queda nada por facer, ou somos xa pouquiños as veces decidimos fabricar unhas máscaras e deixar de ser Piratas por un rato!!!
Boa semana piratas!!!!!

viernes, 22 de enero de 2016

Entroido 2016




Aberto o prazo de inscrición para o Entroido na Aula Pirata.


Os solicitantes que utilizan ou utilizaron o servizo durante este curso, e xa teñan entregada a documentación, soamente deberán inscribirse na “Aula concilia” entre o 25 de xaneiro e o 4 de febreiro.
Os demáis terán que entregar a solicitude e documentación requerida na casa do Concello. Podedes descargar toda a información no seguinte enlace aquí.

lunes, 18 de enero de 2016

Primeira semana da volta ao cole

 A semana pasada fixemos moitas cousiñas, moitas, moitas moitérrimas....
O que pasa, é que os piratas somos un pouco lacazáns e esquecimos facer máis fotos.

Asi que aí van unha poucas....
O outro día pola mañá, para animar un pouco aos máis dormidos, contamos un conto inventado sobre a marcha por os piratas máis maiores, moito nos rimos.


E despois, unha tarde que nos sobraba tempo entre atraque e atraque....limos un conto cheo de bicos.....Nin un biquiño á forza, pq os piratas gostamos dos bicos, pero dos bicos amorosos, ledos, agarimosos, non dos bicos obrigados!!! E fixemos moitos bicos.




jueves, 7 de enero de 2016

Nadal Pirata

 O Nadal rematou e asi foron pasando estes días no barco pirata. 

Houbo de todo:



Decoración de nadal para as portas dos nosos camarotes

Calendarios para non esquecer ningún aniversario durante o este novo ano 2016 





Señoras peludas





                                                Superheroes







Renos e Leons










                                
                                                       
                                           
                                                                Despedidas

                                                      
  Cociña rápida, práctica e rica






Contos de nadal inventados e marabillosamente representados 
 

                                              
                                        E máis decoración...


Bo 2016 a todas e todos