lunes, 27 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 31


Bo día nen@s e bo comezo de semana!! querémosvos seguir animando porque o estades a facer moi ben, xa vedes que xa puidestes sair a pasear, a xogar, a brincar, e seguramente puidestes ver a algún amigo do cole, da Aula, cada día que pasa e un día menos para voltar a normalidade.
Seguramente que a partires de agora ides deixar un ratiño para sair a pasear,  aún así ainda vos quedan moitas horas durante o día para estudiar, para xogar cos vosos xoguetes, ver a tele un pouquiño e para facer as actividades que vos propoñemos dende a Aula.
Hoxe imos presentarvos dúas manualidades moi sinxelas de facer e moi entretidas, bueno iso pensamos nós, haber que vos parecen, empezamos coa primeira.

DEBUXOS á carreira
Para esta manualidad tende preparado o seguinte material:
  1. Cartolina branca tamaño folio
  2. Canicas
  3. Lápiz, goma e rotulador negro
  4. Rotuladores de cores
  5. Tesoiras
  6. Pegamento ou cinta adhesiva
  7. Debuxos para imprimir, ainda que a nos gústanos que os fagades vos mesmos.
Comezamos dobrando a cartolina pola metade,  unha vez dobrada facemos un debuxo, nos escollemos o debuxo dun coche e dun barco, e empezamos a facelo pola liña da dobladura, e por unha cara da cartolina, Agora facemos o mesmo debuxo, na outra metade, empezando tamén na liña da dobladura, ambos debuxos teñen que coincidir no mesmo sitio e do mesmo tamaño, un por un lado da dobladura e o outro polo outro lado, un consello, unha vez que tedes un debuxado se poñedes a contraluz a cartolina dobrada podedes calcar o debuxo, e así quedaranvos os dous iguais. Van quedar como na foto que vos poñemos a continuación



Como podedes ver nas fotos aproveitamos unha cartolina para facer os dous debuxos.
Agora podedes empezar a colorear os vosos debuxos, e cando rematedes recortádeos con coidado de non cortar pola liña por onde dobrastes a cartolina.
Recortamos dúas tiras finas de cartolina e unimos os extremos con cinta adhesiva, procurando que se axuste ao tamaño da canica, recortamos o que sobre. É importante que a canica teña espacio dentro do aro de cartolina para poder rodar e facer rodar os debuxos.



Para rematar pegaremos os aros nos extremos inferiores de ambos debuxos con pegamento ou cinta adhesiva.




E agora a probalos!
Collemos unha bandexa, ou algo plano que podades coller coas mans, metemos a canica no aro que pegamos ós noso debuxos e imos inclinando a bandexa cara un lado e cara o outro. ¿Vedes como se moven? ¡¡podedes facer unha competición haber cal dos dous corre máis!!





Como vos dixemos a nós gústanos que sexades vos os que debuxedes o que queirades porque sabemos que sodes uns grandes artistas.

Deixámosvos os debuxosaquí abaixo para que os poidades imprimir







RODA DE CORES
Para a segunda proposta de hoxe, non gardedes nada, porque tamén imos necesitar:
  1. Dúas cartolinas
  2. Lápiz e goma de borrar
  3. Ceras ou rotuladores de cores
  4. Unha regra
  5. Tesoiras
  6. Punzón e almohadilla
  7. Silicona quente ou cola
  8. Un palillo
  9. Debuxos
Calcamos un círculo do mesmo tamaño en cada unha das dúas cartolinas, recomendámosvos que sexan un pouco grandes porque unha vez feito imos  facer un debuxo. Nun deles debuxade unha solapa, preferiblemente o que vaiamos a colorear por completo. Recortade os círculos
A continuación, e antes de facer o debuxo, buscamos o centro de ambos círculos coa regra, e facemos un buratiño co punzón.
Agora un deles pintarémolo cos rotuladores, utilizade todas as cores, podedes mesturalas se queredes así quedará máis chamativo.  No outro imos debuxar algo, pode ser unha fada, coma fixemos nós, ou calquera outra cousa que vos apeteza: unha árbore, unha mariposa, eso si facédeo un pouquiño grande.
Collemos o punzón e calamos unha parte do debuxo, por exemplo: se fixestes unha mariposa, as alas, ou se fixestes unha flor, as follas, os pétalos, e deixamos outras sen calar. Facédeo despacio e con coidado de non mancarvos, podédesvos axudar coas tesoiras nas partes máis grandes.



Nós calamos as ás da fada e uns detalles no seu vestido, e pintamos o cabelo, a coroa e os bordos do vestido.
Ben repasemos, ¿Xa temos todo?,  Pois agora a montalo.
Xuntamos ambos círculos, o do debuxo por encima do outro. Como lembraredes fixemos un buratiño no medio en ambos círculos, que teñen que coincidir, metemos un palillo por él e cortamos o que sobresae do paliño, deixando unha punta pequeña. sobre cada punta poñemos un pouco silicona quente por ambos lados para que non se saia e cando seque a silicona comprobamos que os círculos xiran.
¡É maxia! Como vedes as ás da fada van cambiando de cores a medida que vamos xirando o círculo coa solapa.




Aquí abaixo  deixámosvos algún debuxos por si queredes imprimilos para facer esta actividade.






E ata aquí piratas as nosas propostas, que esperamos que vos gusten e que vos animedes a facelas, e como non que nos ensinedes o bonitas que vos van quedar. Nos deciros que vos botamos moito moitísimo de menos, e que seguiremos pensando en cousas para vós para que pasedes un rato divertido e distraído mentres as facedes.
¡¡Unha aperta moi grande para todos!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario