viernes, 27 de septiembre de 2019

SEMANA 23 DE SETEMBRO


Bo día¡¡¡¡

Aínda que os nosos piratiñas xa traballan moi duro no cole, non deixan de sorprendernos ca súa enerxía.

Esta semana deleitáranos cas súas dotes interpretativas, representando o conto dos "Historia dos Bonobos con lentes", na que traballamos valores como a igualdade de xénero e a non discriminación.








E onte tivemos un día de agasallos, aínda que non é Nadal¡¡¡

O Concello do Pereiro, moi comprometido co tema da igualdade de xénero, mercoulles unha morea de xoguetes cos que non hai diferencia de roles.

Que cariñas de ilusión¡¡¡¡¡




unha pizarra máxica para debuxar i escribir todo o que se nos veña á cabeza¡¡



este xogo de lóxica fainos pensar moitísimo...IQ Link, pero aos nosos/as rapaces/zas non se lle resiste nada¡¡¡







Que pensades que é isto?? pois é area cinética¡¡¡ é como si estiveramos na praia, facendo castelos e toda clase de figuriñas. Encántalles¡¡¡¡





con este xogo a nosa imaxinación non deixa de voar.... BUNCHEMS¡¡ 






ampliamos o noso parque de medios de transporte, cunha caravana de Playmobil¡¡ é chulísima¡¡¡


O venres pola tarde saímos a recoller unhas folliñas, landras, piñas....e que queremos celebrar a chegada do outono, facendo algo chulo chulo....pero é sorpresa¡















Rematou esta semana......A pasar bo finde e vémonos o luns¡¡¡¡¡

lunes, 23 de septiembre de 2019

DIA COS AVÓS E AVOAS


Boas tardes! Queriamos facer un chamamento a todos os avós e avoas dos nen@s da aula.
Gustarianos pasar unha tarde diferente con vos, e que nos contedes a tod@s as vosas vivenzas, como xogabades, que contos vos contaban, como pasabades o tempo libre....
Sería o 4 de Outubro a partir das 16:00h.
Tod@s @s que queiran participar poñédevos en contacto con nos a través do móbil da aula 677 838 878. 😉😉😉

viernes, 20 de septiembre de 2019

Comezo de curso

Benvidos o novo curso piratiñas navegantes, comezamos a nosa andadura con algunhas caras novas  e moitas coñecidas.

Esta semana lemos o Conto "Todo comezou cando dixen Sí" , no que aprendemos que non  temos que dicir a todo que sí, se non as veces podemos meternos en lios.





Escribimos o que nos gusta dicir que sí, e o que sempre dicimos que non.







Para dar a benvida o curso, fixemos un barco pirata moi molón e a mascota que todo piratiña debe ter.... que será, que será...... por suposto: Un loro






















E o resultado foi: 

Pero tamén tivemos tempo de xogar e pasalo ben, porque outra cousa non, pero xoguetes na Aula hai a moreas!!!!!!