sábado, 30 de mayo de 2020

AVISO IMPORTANTE


Bo día Familias:

Dende o Concello somos plenamente conscientes do dano causado pola actual situación ás familias usuarias do Servizo de Conciliación.

Durante o estado de alarma, aproveitamos para facer melloras na Aula, co fin de que ó regreso das vosas fillas e fillos, atopen un lugar renovado e acolledor.

Este é un servizo que consideramos de prioridade absoluta i estamos á espera de recibir as comunicacións oportunas de cando i en que condicións poderemos reabrilo de novo.

Para ACLARAR as vosas DÚBIDAS, a partires do 1 de Xuño, as monitoras vos atenderán presencialemente na Aula, en horario de 9:00 a 14:00 horas, seguindo as medidas de seguridade oportunas.

Tamén podedes contactar vía telefónica ou pedir cita no
 677 838 878.

Agardamos que esta situación mellore e poidamos vernos pronto a tod@s. 

Un saúdo 






miércoles, 27 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 51.

Bos días piratiña!!!
Hoxe toca receita da boa. De primeiro hamburguesa de pescada e de segundo, xeado tipo magnum, de froitos vermellos e mascarpone. Comezamos!!!!


  • Hamburguesa de pescada.
Ingredientes para 4 hamburguesotas ou 6 hamburguesiñas:

- 500 gr de lombos de pescada sen pel.
- 100 gr de chícharos cocidos.
- 1 ovo batido.
- 1/4 de cebola e 2 dentes de allo.
- un pouco perixel.
- Sal e pementa ao gusto
*Opcional 1 cullerada de mostarda.

  1. Picamos o allo e a cebola e deixamos que se faga nunha tixola.Reservamos.
  2. Nunha picadora botamos a pescada e os chícharos e picamos menudiño.
  3. Botamos nun bol a mestura de pescada e chícharo e botamos o ovo o perixel e a cebola co allo. Aqui, si queredes podedes botárlle a mostarda.
  4. Salpimentamos e mesturamos ata que quede todo ben integrado.
  5. Deixamos reposar 1 horiña na neveira tapado cun papel film.
  6. Formamos as hamburguesas.
  7. Poñemos nunha tixola cun chisco de aceite e deixamos que se fagan.
  • Xeado de froitos vermellos e mascarpone con cobertura de chocolate.
Ingredientes para 4 xeados.

- 160 gramos de fresas e arándos.
- 100 gramos de mascarpone.
- chocolate negro para fundir-

  1. Nun bol poñemos a nosa froita e pasámola pola picadora ata que quede como un puré. A nos encántanos que queden grumiños.

  2. Mesturamos co mascarpone previamente batido a mán.

  3. Metemos nos moldes e do molde para o conxelador. 8 horiñas mínimo.

  4. Fundimos o chocolate nun vaso algo fondo.
  5. Desmoldamos e metemos o xeado no chocolate.
  6. Reservamos nun pratiño no conxelador ata a hora de comer. Si podemos claro.
  7.  
Que aproveite piratas!!!!




Os piratas tamén quedamos na casa día 50


Bo día a todos, ¿que tal estades?, estamos seguras que hoxe ides ter un día repleto de cousas para facer, pero pedímosvos que nos fagades un oco para facer estes dous xogos que vos imos a propoñer.
¡Preparados, pois comezamos!
¡TRAGABOLAS!
¿Qué necesitamos?
·        Un trociño de cartón moi grande e resistente
·        Lapiz
·        Goma de borrar
·        Témperas ou ceras
·        Pinceis
·        Papeis de periódico para facer pelotas, se tedes pelotas de plástico podedes usalas no canto das de papel
·        Celo
·        Xiz ou cinta adhesiva
¡A traballar!

Primeiro pintaremos o cartón con témpera dunha soa cor, cando esté seco, debuxaremos distintas figuras de animais de granxa: unha vaca, un porquiño, un polo, unha ovella, e un cabalo (non fai falta que pintedes o corpo se non queredes, podedes debuxar soamente a cabeza). A continuación faremos un buraco no lombo dos animais. Pintaremos os debuxos con témpera ou con ceras de cores.
Con follas de periódico facede boliñas e poñédelle un pouco de celo para que non se vos desfagan. Con cinco por participante será suficiente, pero podedes facer máis.
Cada un dos animais terá un valor en forma de puntuación, a vaca valerá 30 puntos, o cabalo 25, o porquiño 20, o polo 10, a ovella 15. Podedes escribir os puntos debaixo de cada animal.
Buscade un lugar onde apoiar o cartón, e contade cinco pasos dende o cartón,  e marcade cunha raia. Contade de novo tres pasos, pero desta  vez dende a marca que fixestes antes, e debuxade outra raia no chan. Dade dous saltos dende esta última marca cara adiante e onde caiades, facede outra liña no chan. Ésta última, será o lugar dende comezaredes a tirar.
¡A xogaaarrr!
O xogo como ben di o seu nome consiste en darlle de comer aos animais, dende as marcas teredes que ir tirando as boliñas e tratar de mételas na boca dos animais, cada vez que metades unha bola na boca dun dos animais iredes sumando os puntos que vale cada un deles.
Cando lancedes todos os xogadores dende a primeira marca podedes pasar a tirar dende a segunda, e así sucesivamente ata rematar o xogo. Gañará o que consiga a puntuación total máis alta.



 
¡PONLLE A COLA O BURRO!

O seguinte xogo que vos propoñemos é un xogo tradicional. É  moi sinxelo e para o que non se precisa moito material.
Este xogo, como o seu nome indica,  consiste en poñerlle a cola  ó burro, pero cos ollos vendados.
¿Qué necesitamos?
·        Cartolina / cartón ou papel, do tamaño dunha cartolina
·        Papel crepe, una trozo de tela ou lanas (para a cola)
·        Celo, velcro ou alfileres, ou calquera outro material que permita adherir a cola á cartolina
·        Un pañuelo, para cubrir os ollos dos nenos
·        Lápiz
·        Ceras de cores ou rotuladores
¡A traballar!
O primeiro paso para organizar o xogo é debuxar a silueta do burro nunha cartolina, que por suposto, non debe ter cola. Coloreámolo e logo, por separado, débese elaborar a cola do burro utilizando materiais de cores, papel crepe, lanas, ou un trozo de tela, e no extremo engadiráselle a cinta adhesiva, o velcro ou o alfiler, para que a poidades pegar na cartolina.
Colocaremos a cartolina contra unha parede, a unha altura cómoda para os nenos que participen.
A cada un dos xogadores débeselle entregar unha cola de burro que teña o seu nome.
¡A xogaaarrr!
Turnándose un a un, un neno debe pasar adiante e cubriránselle os ollos atándolle un pano ou colocándolle un antifaz.
Tamén se pode facer que o neno vire algunhas voltas sobre si para que lle sexa máis difícil.
Agora, o neno debe ir cara a onde está o burro e intentar pegar a cola xusto no seu lugar. Gañará o neno que acerte  a pegar a cola ó burro xusto no seu sitio,  ou o que máis se aproxime.
A idea pódese pasar a case calquera outro animal,  personaxe de debuxos animados, etc.



E ata aquí amiguiños as nosas propostas de hoxe. Esperamos que vos gusten e que o pasedes ben.  Animádevos a compartir con nós as vosas opinións sobre todo o que estamos a subir no blog e no facebook, tamén podedes contarnos cousas sobre como o estades a pasar todo este tempo de confinamento e todo o que vos queirades. Ah! e por suposto se sacades alguna fotiño das actividades que facedes, subídea o noso Facebook.

¡¡¡¡Un millón de apertas para toodooosss!!!!

martes, 26 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa día 49

Bos díííííaaaaaassssss!!!!
Apetécevos facer de científicos hoxe??🔬🔬 porque temos preparados dous experimentos que vos van encantar!!!
Ademais a vós encántavos eso dos experimentos que ben o sabemos!! non vos acordades cando os fixemos na aula con aquelas científicas tolas?? vaia pelos que tiñan...😝😝 por non falar das súas roupas jajajja cantas risas nos botamos xunt@s!!!😂😂😂
O primeiro chamámoslle…


 A BOLBORETA AGARIMOSA!!!!




QUÉ MATERIALES IMOS PRECISAR:
-1 trozo de cartón
-1 folio da cor que queirades
- 1 trozo de papel de seda
-1 tesoiras
-Celo ou pegamento
-Rotus
-E...una cousiña especial que vos diremos máis abaixo e que tod@s tendes na casa seguro.



COMEZAMOS!!!

✏✏Imos debuxar o corpo da bolboretiña, podedes facela como máis vos guste eso si, que sexa máis ou menos de grande como o trozo de cartón que ides a utilizar, despois pintádela para que quede ben bonita é alegre!!

✂✂ Agora toca recortalo!!!✂✂ e pegalo no cartón, se o facedes con celo tedes que cortar un trociño e  envolvelo para que quede a parte que pega por ambas caras e asi pegar no cartón e na bolboreta!!


Con que poñades un trozo arriba de todo e abaixo está perfecto para que nos quede na metade un sitiño para meter as ás despois!!
Si o facedes con pegamento pois poñédeslle igual arriba e abaixo no medio non.


Unha vez que temos o corpo imos debuxar as ás no papel de seda e recortalas!!
Como vedes nós fixémolas con forma de corazón pero sin o pico para que nos quede un cachiño para mételas por baixo do corpo.



Pois xa estamos acabando e ides a descubrir pronto o elemento segredo que nos falta!!


Pegámolas no cartón con celo, pero só lle puxemos un pouquiño pola parte de ese pico do corazón que vos decíamos que falta, se as pegamos todas o experimento non saldrá asique poñemos un pouco de celo debaixo do corpo da bolboreta e deixamos que o resto das ás se mova!!

AQUI VEN O NOSO ELEMENTO SORPRESA!!!! XA SABEDES O QUE É????

🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈

SIIIII!!!! UN GLOBO!!!!

POIS QUÉ VAI PASAR AGORA????
QUE A BOLBORETA VOS VAI QUERER COLLER O GLOBO!!!!

Tedes que frotar o globo contra a roupa, mellor contra algo vaquero, por exemplo un pantalón e acercades o globo as ás da bolboreta!!!
Mirade o que pasa jajaja







Agora imos a facer outro que é moi moi divertido!!!
Sabedes meter una pompa de xabón dentro de outra???? Pois imos a ensinarvos como!!!


POMPAS MÁXICAS!!!

PRECISAMOS...
- 2 cucharadas de xabón de lavar a louza
- 1 palliña de plástico
- 1 cucharada de azucre
- 300 ml de auga quentiña
- 1 botella valeira



COMO O IMOS A FACER??
Botamos nun recipiente os 300 ml de auga quente 💧 e mezclámolo coa cucharada de azucre e as dúas cucharadas de xabón.

Despois metémolo nunha botella de plástico  para así axitalo moi moi ben e se mezcle todo.



Agora botamos un pouquiño da mezcla encima dunha superficie lisa e seca e esparcémolo ca man.


Metemos a palliña na botella facendo que se molle a punta dela e soplamos encima da auga que anteriormente botamos na encimera.


Como vedes a palliña entra dentro da pompa grande que fixemos sin que se rompa jajaja, pois agora volvedes introducir a palliña na botella para que se volva mollar e de novo metemos a palliña na pompa grande e soplamos para facer outra dentro da que xa tiñamos!!!
A que está guai?????😁😁😁
Nós dimos feito 3!!!! cantas sodes capaces de facer vós????



Estamos desexando ver as vosas pompas máxicas!!!!

Pronto nos veremos... pero mentras ahí vos van todos os bicos que temos gardados!!!!
😘😘😘😘😘

Ata mañá piratiñas científicos!!!!

👋






lunes, 25 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 48

Piratiñas, así de golpe e sen pensalo, que é o que máis nos gusta facer cando chega o bo tempo?.......
Bañarse na piscina está moi ben pero non era o que estabamos pensando. Así que  volvemos preguntar: que é o segundo que máis nos gusta facer co bo tempo?... SIIIII, ir de festa: escoitar a música , bailar , xogar diante do palco das orquestras. Pa ram pa chán, pa ram pa chán, chan chan.🎶🎵🎶

Pois para poder bailar necesitamos música (que nós nunca vimos a ninguén bailar sen música), e para iso hoxe imos facer uns instrumentos musicais:


Vale, se mirades a foto parece un micrófono, pero NOOOON, trátase dunha maraca e unha frauta.

A frauta
Material que imos precisar:

◈ 16 palliñas
◈ celo
◈ tesoiras
◈ cartolina
◈ papel de agasallo ou algún que vos guste (revista, celofán....)
◈ rotuladores


Para comezar a nosa frauta imos coller as palliñas e cortámoslle o lado onde dobra.

Despois colocámolas todas en fila e cortamos un anaquiño longo de celo. Unimos as pallinas sin que se levante ningunha e teñen que quedar todas á mesma altura. O celo colocámosllo como a dous dedos da punta, como podedes ver na foto:

 Cortamos outro anaquiño de celo é colocámolo por debaixo do que acabamos de pegar. Isto é para que a frauta non se despegue e sexa máis ríxida. Dámoslle a volta  e facemos o mesmo do outro lado.






















Agora collemos a cartolina e facemos unha tira do mesmo grosor das 2 tiras de celo, cortamos e comprobamos que recubre todo o celo. Despois collede un papel que vos guste (nos usamos papel de agasallo) e facemos un rectángulo do mesmo tamaño da cartolina. Xa podedes coller  os rotuladores e decorar a cartolina.



Temos que pegar a cartolina e o papel da agasallo na nosa frauta, un por diante e outro por detrás.



Para rematar a frauta e que consigamos distintas notas musicais, temos que cortar as palliñas por onde está o lapis, en diagonal.

Aquí tendes o paso a paso do corte
E xa temos a nosa frauta rematada, agora so queda collela e soplar para conseguir unha fermosa canción.


A maraca
Materiais que imos precisar:

◎ 1 botella de plástico
◎ Cuter ou tesoira
◎ Cinta illante. Se non tendes en casa, vale celo
◎ Arroz e lentellas
◎ 1 rolo de papel hixiénico
◎ pistola de silicona quente
◎ rotuladores
◎ Calquera material que vos guste para decorar a maraca: cintas, la, papel de agasallo....


O primeiro é cortar a botella, pois así sería moi grande. Os adultos teñen que axudarvos a recortar co cuter, pois pode ser perigoso. Podedes recortar tamén coa tesoira, pero vai costar un pouquiño máis. Por arriba recortade onde remata a parte lisa da botella, e por abaixo contade duas ondas (na foto nós cortamos 3 ondas, pero saía moi grande así que recortamos un pouco máis a parte de abaixo).





 O seguinte paso é unir as duas partes, e para iso imos coller cinta illante ( porque é máis resistente e maís bonita tamén, pero se non tendes, pode ser con celo).
 Puxémoslle 2 cores porque parece máis molona.


Toca rechear a botella para que faga ruído e usamos grans de arroz e de lentellas. Se conseguides coa man perfecto, se non podedes meter os grans na botella facede un funil cun anaco de papel. Despois póndelle o tapòn á botella.





Para facer o mango, imos recortar o rolo de papel hixiénico pola metade, como na foto.
Botamos silicona no tapón da botella e pegamos o rolo de papel hixiénico ben apretado para que non se nos despegue.


 E colamos tamén o rolo para que non se abra. Se non tendes pistola de silicona, pode ser con calquera outro pegamento, menos o de barra, que ese non vai pegar ben (silicona fría, cola branca, pegamento líquido.....)

O que queda agora é decorar a maraca, nós puxemos cinta illante no mango, e pintamos con rotu permanente a cabeza da maraca, pero vós podedes adornala como queirades.





Xa podedes compoñer as vosas propias cancións con estes instrumentos musicais. Ou cantar as que máis vos gusten, esas que sempre nos pedides cando escoitamos música. Un biquiño virtual para todas e todos e agardamos as vosas fotos ou vídeos con todo o que ides facendo, non sexades tímid@s, que nos gusta moito vervos.

🎶🎶🎶🎶🎶🎶🎶