miércoles, 31 de mayo de 2017

Mañanciñas marchosiñas

DANCE TIME


Como se acerca o verán temos unha ganas tolas de festa e estivemos practicando, cun just dance... Que se preparen os da Panorama!!!



E unha supercoreografía da nosa nova monitora Tania, que de esto enténdevos un montón...



Chegaron os tronos e a choiva e nós os/as piratiñas decidimos cantar para que saise o sol...






Entre baile e baile, xogamos ao Trivial... Que ben o pasamos!!

















As/os piratiñas son moi inventores e artistas... como lles encanta a arte fixeron unhas tizas e plastilina...

TIZAS:
-Auga.
-Colorante alimenticio.
-Xeso.
-Moldes.

Primeiro mesturar auga con colorante alimentario, botar xeso nesa mestura e crear unha masa ben líquida. Botar a mestura nos moldes (poden ser moldes de silicona, ou moldes feitos con cartón).

PLASTILINA:
-Fariña.
-Auga.
-Colorante alimentario.
-Sal.
Mesturar auga e fariña ata que quede unha masa compacta, botar o colorante e gardar en papel de film transparente.










martes, 23 de mayo de 2017

Nota Aclaratoria. Aula Concilia Verán 2017

NOTA ACLARATORIA - AULA CONCILIA VERÁN 2017


Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través da sede electrónica poderán facelo dende as 9:00 h. do 25 de maio ata as 14:30 h. do 7 de xuño de 2017.

Certificados dixitais admitidos
Un certificado dixital é un documento electrónico con funcións equivalentes a un documento oficial de identidade, e que serve para dar validez legal ás transaccións electrónicas que poida realizar calquera interesado.

Para garantir a validez xurídica dos trámites realizados é necesario identificarse mediante algún dos certificados dixitais admitidos nesta Sede electrónica. Na actualidade é posible acceder con certificados electrónicos dos seguintes provedores de servizos de certificación (este conxunto de certificados encóntrase continuamente baixo ampliación):

* DNI electrónico (Ministerio do Interior)
* ACCV (Autoridade certificadora da Generalitat Valenciana)
* CATCERT (Axencia Catalá de certificación)
* FNMT- RCM (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda)
* Izenpe (Izenpe S.A, Empresa de certificación e servizos)
* Camerfirma (Autoridade de certificación das Cámaras de Comercio Españolas)




Para acceder a solicitude pinchar aqui 

viernes, 19 de mayo de 2017

AVISO VERÁN 2017

ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A AULA “CONCILIA VERÁN 2017”
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Prazo de entrega: do 25 de maio ao 7 de xuño.
Publicación das listas de admitidos (por orde de inscrición): 13 xuño, no blog da aula e na páxina web do concello.
Prazo de subsanación de erros: do 13 ao 15 de xuño.
Publicación das listas definitivas: 16 de xuño.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada (pinchar aquí)
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  1. Certificado de empadroamento no  concello d@ nen@ e dalgún dos proxenitores.
  2. Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.
Tfno. de información 988 25 93 85

No Pereiro de Aguiar, 19 de maio de 2017
O alcalde

Eliseo Fernández Gómez

lunes, 8 de mayo de 2017

E polas tardes....


Din que as xoaniñas dan boa sorte, pois os piratiñas imos ter moita e moi boa, xa que esta semana apareceron na Aula unhas xoaniñas moi curiosas, grandes, bermellas, cuns corniños e patiñas de moitas cores.







E para que as xoaniñas, ou outros bichiños non se mollen cando chove, fixémoslles unha casiña, reciclando caixas. Para todos os que queirades facelo na casa, collede tesoiras, un pouco de cola, papeles de cores, os voso amigos e moita imaxinación, e nun periquete teredes un fermoso fogar para os vosos bichiños.





E de animais vai a cousa  porque quen nos ía dicir que unha xirafa e un crocodilo ían formar unha parella tan ben avenida!






 Xogo: A Arca de Noé, onde a cada neno e nena se lle asigna un animal e cos ollos pechados ten que facer o sonido de se animal e atopar a súa parella.







E como cada maio chegan as flores e o día da nai, como os piratiñas queren moito as súas mamás piratas decidiron facerlle unha postal ben fermosa! 










viernes, 5 de mayo de 2017

Adeus abril, benvido maio


Familias e amigos!! canto traballamos dende que volvimos das vacacións de Semana Santa, non paramos!!

Coñecemos a un elefante moi colorido e moi argallante... ELMER!! canto rimos con il






Como somos uns piratiñas moi artísticos decidimos pintar con iogur natural e colorante...



Despois de pintar os iogures quixemos saborear... ummm!!





Os e as piratiñas fixeron unhas divertidas bolboretas para adornar a Aula Pirata





Coas bolboretas viñeron as súas amigas as abellas,  pintadas con algodón de vivas cores primaverais





"Para que as nosas bolboretas e abellas puideran descansar,
 unhas fermosas árbores dedidimos pintar" 

Para pintalas empregamos hisopos dos oídos...






Como os piratiñas son uns modernos xa non envian mensaxes en botellas, agora fano en GLOBOS!! escribiron unha mensaxe supermegasecreta e metérona nun globo, déronlle aire e enviarono ao seu destinatario... PUMM!!!




"Despois de tanto traballar tivemos que descansar" 
Pasamolo xenial cos xogos de mesa que temos na aula