Esta semana pasárono moi ben xogando a montes e moreas de xogos. Imos amosarvos todo o que fixeron:
encántalles o carcassonne
Esta semana pasárono moi ben xogando a montes e moreas de xogos. Imos amosarvos todo o que fixeron:
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO “CAMPAMENTO VERÁN” DA AULA CONCILIA 2021
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro Oficinas Municipais ou Sede Electrónica.
Prazo de entrega: do 19 de maio ao 9 de xuño.
Publicación das listas provisonais de admitidos: 16 de xuño, no blog da aula.
Prazo subsanación de erros: ata o 18 de xuño,
Publicación das lista definitivas: 21 de xuño.
Requisitos imprescindibles:
· Idades: de 3 a 12 anos.
· Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
· Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello www.concellopereiro.com ou neste enlace
Copia do DNI do/a solicitante
Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.
Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores e no que conste expresamente a imposibilidade de acollerse ao teletraballo.
Declaración IRPF do ano 2019, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
Declaración responsable con respecto ao Covid-19.
No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
O número de prazas ofertadas é de 75, condicionadas ás normas establecidas por parte da Administración en función da situación epidemiolóxica.
As prazas para a participación no Programa serán outorgadas tendo en conta a situación socioeconómica de cada familia (IRPF 2019, ata 6,5 veces o IPREM).
Tfno. de información 988 25 93 85
No Pereiro de Aguiar, 19 de Maio de 2021
O alcalde
Luis Menor Pérez
Boas familias!!
Aínda que esteamos na primavera e parecía que chegaba a calor.... esta semana a choiva voltou visitarnos!
Máis xa sabedes que para xs piratas, auga non é un problema para a diversión!
Xs peques entre contos,
xogos de mesa,
aros,
puzzles,
e zancos... divertímonos un cacho!! 😃
E como o vindeiro 15 de maio é o día da familia, tamén fieron estes imáns para a neveira 😍
No pavillón inventaron un novo xogo: A bola voladora
e tamén xogaron ao asesino...
E no salón de actos, xs futurxs enxeñeirxs fixeron voar hélices!!! 😃
Xa que estamos na época de sementar, con moita ilusión creamos estos pelochos de céspede ✿☙❁
Foi moi divertido plantalos, e agora toca coidalos para que medre o pelo! 😉
Houbo tempo tamén para un momento de paz e tranquilidade entre tanto xogo. Con esta sesión de Ioga calmamos o corpo... e a mente!
Para xs que pasan o día pintando, debuxando, e disfrutan na area... fabricamos estas pizarras máxicas! Debuxar non pode ser máis divertido 😊
E xa adiantándonos a o Día das Letras Galegas, coñecimos a Xela Arias, primeiro descubrindo un conto que cando tiña...12 anos!
e despóis preparando a nosa pequena homenaxe...
Só vos podemos contar que quedou preciooooso. Tedes curiosidade? pois estade atentos, que o 17 de maio estrearemos esta obra de arte 🎥
E para rematar esta semana... nada mellor que una festa con globos🎈🎉🎈
Pois asi disfrutamos nesta semana e agora... a disfrutar da ponte!
Felices mini-vacacións familias!! 👪