martes, 28 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 33



Arriba todos¡¡¡¡ saltade da cama, almorzade, facede os deberes e axudade un pouco aos papás/mamás nas tarefas do fogar.

Acabastes todo? pois agora toca xogar un ratiño...

Imos a propoñervos uns xogos moi sinxeliños e que podedes facer facilmente nas vosas casas, porque seguro que tendes o material que precisades.

Carreira con lavavaixelas

Necesitamos:

- uns tubos de papel hixiénico, 
- tapóns ou chapas de botellas
- folio e pegamento
- bote de lavavaixelas valeiro.



Collemos os tubos do papel hixiénico e cortamos un cachiño para que entren os tapóns ou as chapas. Podedes coller cantos queirades, e numeramos cada cartón.

Logo collemos tantos tapóns ou chapas coma tubos temos, pegámoslle un cachiño de papel con números iguais que os dos tubos.

O xogo consiste en meter cada tapón numerado no seu tubo correspondente, pero axudados do aire que saia do bote de lavavaixelas. O 1 no 1, o 2 no 2.......

Podedes xogar cronometrando, por exemplo cantos metedes nun minuto, dous.....

Ou se estades 2 ou mais, xogar a quen os mete antes.



A aspiradora de caramelos

Este xogo aparte de moi faciliño vai ser moi rico¡

necesitamos:

- lacasitos ou similares
- pratos
- palliñas


Cada neno/nena ten dous pratiños, unha palliña e 25 Lacasitos no prato.

O xogo consiste en pasar dun prato a outro, pero só succionando a palliña, como se fósedes unha aspiradora.

Gañará o que primeiro pase todos os Lacasitos.

Como recompensa podedes comelos¡



A diana de avionciños

Necesitamos:

- follas de xornais
- celo
- folios
- papeliños de notas ou cadradiños de folios
- un rotu


Para facer a diana, podemos usar un cartón grande, un plástico ou papel continuo.
Se non temos nada de iso, collemos 4 follas de xornal e pegámolas coma na imaxe.

Logo facemos buratiños de diferentes tamaños pero que collan os avións.

Cada buratiño valerá uns puntos, segundo o tamaño. Canto mais grande o burato menos puntos.
Poñemos un papeliño de notas con cada puntuación.
Por exemplo: 5 puntos o burato mais grande; 15, 30, 50 e 100 para o burato mais pequeno.

Facemos un avión de papel e comenzamos a xogar¡¡¡¡¡



Con estes xogos se queredes, podedes facer unhas miniolimpiadas na casa por exemplo.

Buenos amiguiñ@s pois outro día faremos mais xogos coma estes, tan fáciles pero molones.

DEICA MAÑÁ¡¡¡





No hay comentarios:

Publicar un comentario