Mostrando entradas con la etiqueta reciclaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reciclaxe. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de abril de 2014

Navegando co cole. Voz Natura.

Había unha vez.....nun cole moooooooooooooi pretiño, unha profe chamada Celi que todos os anos argallaba algunha actividade para que os nenos e as nenas da contorna aprenderán moito máis sobre: a reciclaxe, a auga, os ríos, os mares, os peixiños...

E bueno, xa sabedes o que os piratas adoramos todo o que teña que ver co mar e as grandes superifcies de auga. Asi que, cando nos chamou para que lle botáramos unha mán e, pensáramos nunhas actividades para aprender xogando despois de sortear non poucas fochancas e areas movedizas, non o dubidamos máis e, por fin, puidemos ir a coñecer a todos os profes e a todxs os nenxs do cole do Ben-Cho-Shey.

O primeiro e o segundo día da nosa nova aventura estivemos cos grumetes máis pequechos aprendendo as artes da pesca!








O terceiro e o cuarto saímos ao mar, ou a o río maís ben, cos de 1º e 2º ciclo. Temos tanta ansia de coñecer o que nos rodea que non puidemos parar de correr! Estes axudantes a contramestre nadan coma troitas, lampreas ou salmóns.












Moitas grazas a todxs os mestres por aturarnos con bó humor, e ó alumnado por entregarse tanto.
Estáde atentos nos próximos días que actualizaremos con novas fotos e con enlaces ós blogs das mestras.

viernes, 14 de febrero de 2014

O mirón-fisgón!

Nestas última semanas, na hora de manualidade piratil, estivose fabricando un trebello dos nosos para axudar na vixianza de portas, fiestras e demáis... Que o barco é moi grande e non damos a todo. Chamámoslle:

O MIRÓN-FISGÓN. Só necesitamos dun tozo de cartón, xornais vellos, cola, pintura e imaxinación. Aí vós vai o proceso!








viernes, 27 de diciembre de 2013

Cantas cousas fixemos hoxe!

Pois si, cantas cousas fixemos hoxe...Tantas que acabamos estomballados por todo o barco pirata e durmindo a sesta do borrego!

Primeiro que nada, empezamos a mañá ben cedo...Entrounos un momento inspiración e con cachivaches que fumos atopando polo barco (selos que fixeramos para outras manulidades, azúcar, arroz, esponxas, pinturas diluidas...), montamos nun tris tras un precioso mural para decorar o camarote do capitán.

 Aqui podedes ver como a pirata Paula pinta con pintura diluida sobre azucre. Asi creamos un cuadro con texturas e cores diferentes.


 Mirade mirade, vedes como queda?
 E os gurmetes Héctor e Felipe tamén axudaron...Cunhas esponxas en forma de nubes decoraron todo o ceo da nosa paisaxe

 Pero mira como pinta os piratas da aula, pero mira como pintan....

E eiquí o resultado final! Que tal?

Pero a mañá non rematou eiqui. Non, non...

Mentres os máis maiores dos piratas entrenaban os seus reflexos con xogos:



Os piratas pequenos preparaban as postais de nadal para mandar as súas familias.
 Cortando, pegando

 coloreando...

Et voilá! Un resultado estupendo para que os familiares que se atopan lonxe non boten de menos a estes piratas!


Pero señoras e señores...Non todo é traballar. tamén disfrutamos do tempo libre e dos xogos que por aí temos gardados.




jueves, 28 de noviembre de 2013

Lapiseiro con pinzas

No afán pola reciclaxe decidimos darlle un novo uso as pinzas vellas de madeira transformándoas nuns orixinais lapiseiros.