miércoles, 8 de abril de 2020

Os piratas tamén quedan na casa. Día 21.

Cucu, cucu, cucu.....Shhhhhhhhhhhhht piratas, escoitades?O cuco canta todos os días dende fai xa unha semaniña polo menos. Dende o barco escoitámolo a miúdo, e vós?

A primavera chegou, e con ela os paxariños. Por iso dende a nave pirata decidimos facer un par de cousiñas para que a súa chegada fose máis agradable para eles.

Para que os paxariños estiveran a gusto por estes lares fixémoslles unhas casiña con material de refugallo e unhas galletiñas ricas ricas para un bo festin.

Comezamos cas casiñas para paxaros. Para iso necesitaredes ou ben unha botella desas de zume, un brick de leite ou o que vexades que vos poida servir. Nós, para dárvos varias ideas fixemos dúas, co brick e ca botella de zume, abrímoslles unhas portiñas e unhas fiestras. Puxémoslles tamén un telladiño para que estivesen abrigados en caso de choiva e unha cheminea para decorar, cun anaco de carton e cinta de carroceiro.
Despois pintamos: podedes usar calquera tipo de pintura, a nosa era acrílica, pero con rotus para plástico, pegatinas, témperas tamén valería. Unha cousa, se queredes que a cor quede máis uniforme, aconsellámosvos que tapedes o cartón ou o plástico con papel ou cinta de carroceiro primeiro.

*Para que os paxariños poidan estar a gustiño, enganchamos un pau, asi teñen onde apoiarse para comer tan tranquilos.


E xa só nos queda enganchalos nun alto. Como aqui. Unha no noso cabaceiro e a outra nun altiño.



Pero amigos, as casiñas están moi ben, sen embargo os nosos amigos paxariños gostan de sementes e cousas ricas para levar ao peteiro. Asi que puxemos mans á masa e fixemos unhas ricas galletas.

Necesitades tan só:
  • Xelatina
  • Comida para paxaros ou sementes do que sexa: pipas de xirasol ou cabaza...
  • Formas para galletas

Para facela tan só tedes que prepara a xelatina tal como o indica o paquete e despois mesturar as sementes ca xelatina e remover ata que vexades que a mestura está ben integrada.


Unha vez feito este paso, toca botalo todo nas formiñas e agardar ata que endureza.


*Un consello, non encher de todo as formas, porque senón as galletas pesarán moito e non haberá maneira de penduralas...



 Deixade as galletas dun día para o outro na neveira e ou se queredes podedes metelas ao forno un anaco e voilá!!! Só vós queda poñerlle un cordelciño e enganchalas polo voso xardin, na fiestra, no patio, na terraza....Onde vexades.





E asi e todo, xa sabedes, se vós animades a facelas, mandade fotiños amigos/as piratas!!!!


EXTRA NOTICIÓN:

Piratas, o xoves, venres e sábado non subiremos blog, pero si que vós temos preparados uns xoguiños para pasar eses días sen nós. Estade atentos ao facebook, porque subiremos os xogos durante eses 3 días sobre ás 10:00 da mañá ao facebook da aula pirata.

Preparade as vosas meninxes e participade!!!!!

Saúdos e ata máis vernos!!!!!













No hay comentarios:

Publicar un comentario