AVISO
INSCRICIÓN
AULA CONCILIA
PONTE 7 DE DECEMBRO
DE 2026
Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as cursando
actualmente 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria (nados entre o 2015 e 2023),
necesiten compatibilizar os seus horarios laborais e
familiares. As solicitudes poderanse presentar nas oficinas de rexistro do
concello ou a través da sede electrónica.
Prazo de inscrición: do 23 ao 27 de novembro.
Publicación listaxe
admitid@s: día 1 de decembro.
Requisitos
imprescindibles:
- Que os proxenitores se
atopen en situación laboral de incompatibilidade horaria para o coidado
dos seus fillos/as.
- Que o/a proxenitor/a
solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do
Pereiro de Aguiar, ou que o /a neno/a estea matriculado/a no CEIP
“Benchoshey”.
DOCUMENTACIÓN A
ENTREGAR (so para solicitudes novas,
os que están inscritos durante o curso deberán cubrir únicamente a solicitude . Pincha aquí).
- Solicitude cumprimentada e asinada (poderán
descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata) Deberase cubrir unha solicitude por cada
neno/a, o resto documentación común non necesita ir por duplicado.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante
- Copia da tarxeta sanitaria de cada neno/a.
- Certificado/s de empresa,
dos dous proxenitores, no/s que figure o horario laboral.
- Declaración IRPF do ano 2025,
de ambos proxenitores, ou certificado de non tela presentada (negativo de
facenda).
- Vida laboral de ambos
proxenitores (páxinas 1 e 2), corpos especiais: documentación acreditativa
da situación en activo, ou similar.
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento
da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais ou
monomarentais: acreditación correspondente.
No caso de que quedaran prazas sen cubrir, de forma excepcional, poderían
solicitar o servizo aquelas familias que tiveran necesidade de conciliación por
motivos laborais esporádicos, de formación, ou por ter a cargo familiares
dependentes, aportando a debida acreditación documental.
Tfno. de información 988 25 93 85
No Pereiro de Aguiar, 23 de novembro de 2026
O alcalde
Luis
Menor Pérez