Bo día familias¡¡¡
Unha semana máis deixámosvos unha pequena mostra das cousiñas que fan @s vos@s cativ@s na Aula.
Comezamos......
O día 11 aínda que foi festivo e non houbo cole, nós fixemos unha rutiña ao encoro de Cachamuiña e alí un xogo ben divertido.....
Adiviñades de quen son estas sombras?
As monis démoslle uns ovos, @s pequen@s e encargámoslle unha gran misión...."protexer o ovo cas cousas que atoparan na natureza, de tal xeito, que ao tiralo dende un alto, non rompera". Conseguiriano?
O mércores despois de descansar o martes, fumos ao cole cas pilas cargadas e fixemos algunhas cousiñas que queremos que vexades.
Como se acerca o Samaín, e nos encantas as cousas "terroríficas, oomezamos cuns MORCEGOS
E continuamos cunhas FOLLAS MALÉFICAS, aínda que tiñan unhas cariñas ben simpáticas.....
Pola mañá aproveitando que non clarexa moi cedo, estiveron xogando ao ESCONDITE NA ESCURIDADE. Que medo¡¡¡¡¡¡¡
Convertíronse en ESQUELETES.....
E como non¡ tocaba pintar CABAZAS (nun Samaín que se precie, non podían faltar)
Bueno familias, que pasades unha boa fin de semana e vémonos o luns¡¡¡¡¡¡