martes, 21 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Dia 28


Bo día amiguiños, como o estades a levar, nos botándovos moito de menos e  desexando veros e darvos unha enorme aperta de oso pero temos que ter un pouco máis paciencia porque ainda nos quedan uns pouquiños días na casa.
Hoxe dámosvos a benvida o noso laboratorio supermegacientichupiléfico. Aquí faremos os máis incribles e divertidos experimentos que podades imaxinar.  ¿Queredes acompañarnos nesta viaxe?
Hoxe imos a observar os espectros da luz. A luz branca, que é unha onda electromagnética, é o resultado da mestura de varias ondas a diferentes frecuencias, cada unha dunha cor. De feito, si descompoñemos un raio de luz branca o resultado será parecido a un arco da vella: o vermello é de menor frecuencia. Aumentando a frecuencia da onda electromagnética pasarase ao laranxa, amarelo, verde, azul e violeta.
Para poder ver as cores que compoñen a luz utilízase un espectrocopio, que é é un aparello que serve para poder observar os espectros da luz, descompoñela para ver esas cores que esconde.
Seguro que estades a pensar, ¡UFF QUE ROLLO!, pero xa veredes que sinxelo é.
Familias, como noutras actividades, vos agradecemos que  axudedes e /ou supervisedes os experimentos de hoxe, ¡ moitas grazas !

ESPECTROSCOPIO CASEIRO
MATERIAIS
·         1 tubo de cartón largo (de papel de cocina)
·         1 cúter
·         1 CD viejo, un lápiz
·         Cartolina, Podedes usar un anaco dunha caixa de cartón ou dun  envase
·         Silicona quente ou pegamento
·         Cinta adhesiva
·         Pintura y pinceles (esto último es opcional, solo si quieres darle un toque de color a tu espectroscopio).
Podedes facelo de súas maneiras, optade pola que máis vos guste, ou pola que vos resulte máis fácil:
 1ª OPCIÓN
Cara ó fondo do rollo, con un cúter, faremos unha ranura nun ángulo de
45 º. Este paso deberá facelo un adulto.


 
Directamente frente a ranura faremos unha pequeña mirilla ou buratiño de observación, este será outro paso que terá que facer/ou supervisar un adulto.
 

Agora nun trozo de cartolina trazaremos un círculo do mesmo tamaño que o extremo do rollo de papel, unha vez recortado, faremos unha fendedura recta no centro do círculo.
Pegamos o círculo á parte superior do noso espectroscopio con cinta adhesiva, tendo coidado de non tapar a hendidura que lle fixemos.
Quitarémoslle ao CD a capa protectora con cinta adhesiva.
Por último insertamos o CD, na súa ranura en ángulo de 45º co lado brillante cara arriba, xa está feito o noso espectroscopio.
2ª OPCIÓN
Co rotulador marcade un círculo no CD do tamaño do buraco do tubo de cartón. Recortádeo, para obter unha peza que servirá para tapar un dos dous extremos do tubo.
Quitade a capa reflectante ó CD  para que deixe pasar a luz. Para facelo, podedes usar a cinta adhesiva, poñede un anaco de cinta adhesiva no CD, e tirade con forza para arrincar esa capa brillante.


Unha vez limpo, pegádeo coa silicona un extremo do tubo de cartón.


Nun trozo de cartolina trazaremos un círculo do mesmo tamaño que o extremo do rollo de papel, unha vez recortado, faremos unha fendedura recta no centro do círculo.


Tapade o outro extremo do tubo co anaco de cartulina


Como podedes ver na imaxe xa se poden distinguir as cores nas que se descompón a luz branca

Agora podemos decoralos vosos espectroscopios como queirades, podedes pintalos, ou pegarlle figuras feitas con goma eva, forralos con papeliños de cores, deixámolo a vosa imaxinación e creatividade.

¿COMO USAR O ESPECTROSCOPIO CASEIRO?
Sairemos fóra con oso espectroscopio, apuntade a hendidura superior cara o ceo, non directamente ó sol. Agora mirade a través da mirilla de observación, as veces haberá que ir virando o tubo sobre si mesmo para buscar o ángulo correcto, pero acabaredes vendo a descomposición da luz en varias cores.
Ás veces haberá que ir virando o tubo sobre si mesmo para buscar o ángulo correcto, pero acabaredes vendo a descomposición da luz en varias cores. Nesta foto, por exemplo, obsérvase claramente unha liña que empeza sendo de cor azul intenso e vai pasando ao índigo, verde, amarelo ata chegar ao laranxa.


 

Explicación

O CD actúa como unha rede que divide a luz branca en varios haz de luz que viaxan en diferentes direccións, o ángulo no que se desvíe a luz depende da cor: o azul desvíase un pouquiño, o verde un pouco máis e o vermello ainda máis


O seguinte experimento que vamos a facer son unhas pantasmas moi divertidas que no canto de dar medo burbullean, son as……
PANTASMAS ESPUMOSAS!!!!
MATERIAIS

Para facer as pantasmas espumosas faranos falta:

·        Tres Vasos de plástico
·        Vinagre (necesitamos encher cada vaso pola metade)
·        1 cullerada de bicarbonato
·        Xabón líquido de lavar os platos
·        Colorantes alimenticios ou témperas líquidas
·        Rotulador negro permanente

Comezamos co noso experimento decorando os vasos de plástico, debuxándolle unha cara fantasmagóooooricaaaa co rotulador negro.



Enche cada recipiente con vinagre ata a metade, logo engade unas gotas de colorante/témpera das túas cores favoritas e remexe todo ben.


Bota arredor de dúas culleradas do xabón líquido e remove outro pouquiño.


¡¡É hora de ver como burbullean estas pantasmas!
 Á mestura anterior engade unha cullarada de bicarbonato, ¡qué divertido!  ¡Pobres pantasmas máis que asustar fan rir!

 
 


Cando deixe de sair escuma, podedes repetir e botar outra cullerada de bicarbonato, para que vos sigades divertindo


Pero… ¿por que sucede esto? A continuación explicámosvolo

Explicación


O bicarbonato é alcalino e o vinagre é un ácido que o mesturarse crean unha reacción química para neutralizarse e que é coñecida como dióxido de carbono, e este forma burbullas. Cando engadimos xabón líquido a esta reacción fai que as burbullas creen escuma, o que fai que o experimento dure máis tempo


E ata aquí as nosas propostas de hoxe, esperamos que vos resulten divertidas e faciliñas de facer. Animámosvos a que experimentedes na casa, e como non que o compartades con nós .
¡Moitos biquiños para todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario