martes, 7 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 20


  Ola ola ola¡¡¡¡ Bo día. Hoxe vai ser un día distinto.....porque ides deixar de ser piratiñas, para ser superdetectives.......

Como xa sabedes os detectives teñen trucos e ferramentas especiais, que ides ter que preparar, porque a partir do xoves, igual algunha das cousiñas que fagamos vos vai facer falta.....nunca se sabe....


Para empezar, xa sabedes que os detectives teñen case sempre unha LUPA para poder ver ben, todas as pegadas e pistas dos casos, verdade? Pois nós imos fabricar unha....

Necesitamos:

- unha botella de plástico
- unhas tesoiras
- un rotulador
- unha tapa dun frasco
- un vaso de auga
- silicona quente ou cola

ESPERADE ESPERADE¡¡¡¡ NECESITAMOS A AXUDA DUN ADULTO¡¡¡ É SUPERIMPORTANTEEEEEEEEEE¡¡¡

Estamos todos xa??? sí? pois entón continuamos......

Como o facemos:

1º. Marcamos dous círculos ca tapa do frasco na parte mais lisa da botella.

2º. Recortades os círculos cunha tesoiras. O plástico ao mellor está un pouco duro, así que chamade a un adulto que vos axude, por iso queriamos que estiveran con vós 😜.

3º. Agora colledes os dous círculos que cortastes e pegádelos un contra o outro, deixando un buraquiño pequeno no medio. Deixamos secar o pegamento ou a silicona.



4º. Si está seco xa, metemos a nosa lente dentro do vaso de auga, para que se encha entre os dous plásticos, tendes que procurar que non queden pompas de aire. Se tendes unha xeringa tamén podedes enchela metendo a agua con ela.

5º. Cando estea ben cheo, pegamos o cachiño que queda ca silicona e deixamos secar.




O resultado será este....


NOTA: se queredes, podedes facer un soporte para a lupa, con cartolina ou cartón duro e un depresor (os pauciños dos xeados). Cortamos 2 anacos de cartolina, pegamos o depresor nun deles, e posteriormente a lupa entre os dous círculos de cartolina. Fixádevos na imaxe, é ben sinxelo.


Xa temos a nosa lupa; agora coma superdetectives que somos, imos ter que mandar algunha mensaxe segreda con TINTA INVISIBLE ao nosos colegas para que non nos descubran...xa sabedes....como Sherlock Holmes e Watson, Mulder e Scully, ou Mortadelo e Filemón, que seguro que os coñecedes.....

Imos aló....

Necesitamos:

- un folio en branco
- un limón
- un vaso
- un bastonciño, palillo ou pincel
- unha fonte de calor, como unha lanterna. Se empregades outras fontes de calor coma unha vela, ou unha plancha, SEMPRE  que sexa ca supervisión e axuda dun adulto.

1º Exprimimos o limón no vaso.

2º Co zume e ca axuda dun bastonciño, escribimos a mensaxe que queiramos mandar.

3º Unha vez seco o zume, poñemos enriba da vela, pero sin queimalo¡¡¡ e veredes como sae a mensaxe. Coa lanterna tamén sae pero tarda algo mais en quecer o papel.

👉Aquí vos deixamos o vídeo onde podedes ver este experimento tan chulo



E por último, agora que xa temos a nosa lupa e sabemos mandar mensaxes segredas, que fan @s detectives? Conseguir PEGADAS dos sospechosos non?

Pois nós tamén o imos facer. Como? moi sinxelo.....


Necesitamos:

- un pincel
- a sombra de ollos da mamá, da avóa, da tía.....(espero que non se enfaden)
- celo
- un cuaderno e un boli

1º Collemos o vaso do que queremos sacar as pegadas



2º Botamos a sombra de ollos co pincel



Xa vedes as pegadas verdade??

3º Agora collemos un trociño de celo e poñémolo sobre a pegada que queiramos coller, e pegámolo no noso cuaderno de apuntamentos de detective.




Xa está¡¡ Podesdes coller as pegadas de todos os que están con vós na casa e ir anotando na vosa libreta......


Bueno amiguiñ@s isto é todo por hoxe, pero lembrade....igual vai facer falta que empreguedes algunha destas cousiñas nos vindeiros días.....estade atentos 😉

ATA MAÑÁ¡¡¡¡¡¡¡




No hay comentarios:

Publicar un comentario