jueves, 2 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 16.

Bo día piratas!!!! Como van eses ánimos???

Pois para o día de hoxe, traemos unha ideaciña que en realidade é un 2x1, xa veredes.
Resulta que andamos algo tristeiras/os, porque non podemos ir á biblio a coller contos novos e os que temos no barco xa os sabemos de memoria. Polo que tivemos a idea de facer os nosos propios contos, pero dun xeito diferente.

A nos encántanos contar historias a escuras, asi que adiante grumetes que aqui vós deixamos a nosa idea.

Ides necesitar:              

*O ideal son rolos de papel hixiénico, pero os/as piratas non usamos diso (iso é outra historia que quizáis algún día xa vós contaremos), asi que fixemos os nosos con cartón que tiñamos por aí no noso barco.


  1. Collede un rolo e poñede papel film ben estiradiño nun dos ocos. 
  2. Pegade o papel con celo para que non se mova.

Nós fixemos 6 rolos, pero cantos máis mellor, porque asi tendes máis opcións á hora de contar contos. Xa tedes o máis complicado feito. Veña, ánimo!!!

O seguinte é paso é coller uns permanentes de cores, ou uns rotus que sirvan para pintar no plástico.
E en cada un dos rolos debuxar algo, mirade os que fixemos nós:

 *Nós fixemos un unicornio, unha casiña, unha cova, un castelo, un bosque e unha nena



E para rematar collemos unha lanterna, apagamos as luces do barco e.....a contar historias. Aqui vós deixamos as que contamos no barco asi sen pensalo e inventando moito.



Veña piratas, animádevos a contarnos un contiño!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario