miércoles, 15 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 24

Bos días piratiñaaaaaaaaaaaaaaassssssssssssss!!!! 👋👋
Como vai esta semana?? cantas cousas fixestes???
Pois a nosa semana... vouvos contar... estamos todos os días pensando en actividades que vos poidan gustar para que pasedes o tempo que falta para vernos o mellor posible...tamén estamos aproveitando, (coma vós) , para cociñar, arranxar a casa, os xardíns, cambiar os armarios... cantos de vós fixestes alguna destas cousas?? jajaja
Pois como vos contaba... ordeando a casa encontramos unha morea de contos... e empecei a pensar 😵😵 cales vos poderian gustar máis… entón ocurriuseme a primeira das actividades que vos imos propor hoxe….

¿CAL SERÁ O CONTO?

Pois contovos logo.... que necesitades???
- un puñado de imaxinación
- darlle corda a esa cabeciña
-moitas ganas de pásalo ben
- todo aquilo que teñades pola casa

COMEZAMOS.....

Como xa vos contaba...queríamos saber cales son os vosos contos favoritos e como o vamos a descubrir??

Pois queremos que vos disfracedes como algún personaxe do conto, como o protagonista ou mesmo fagades a representación de un cachiño do conto. Para iso podedes usar cousiñas das que tendes pola casa, pintar caretas para poñervos ou por exemplo si fose Peter Pan poderiades facer un gorro con cartulina verde e pegarlle unha pluma roxa... tamén poderedes usar algún boneco que teñades e sacarlle unha foto, si eso nos vai a axudar a decubrir de qué conto se trata!!
Que faredes despois de disfrazarvos?? pois sacarvos unha foto ben bonita e compartila con nós no Facebook así poderemos xogar todos a adiviñar cal e o voso conto favorito...
Credes que acertaremos??? 
Non o poñades moi difícil ehhhh piratiñas que nos coñecemos jajaja
Deixámosvos aquí unhas caretas que podedes imprimir de algún conto que nos gusta a nós...



Nós tamén temos moitos contos preferidos pero acertaredes este solo con tres imaxes??






Pero unha vez que acabamos de facer todas as cousas que temos pendientes, pois sempre facemos alguna chamada que outra, ou moito mellor, videochamada que tanto están de moda!!
E pensamos....que podo facer eu para regalarlle a esta persona tan importante para min?? teño tempo e seguro que moita axuda asique imos a propor outra actividade para que lle fagades a esa persoa que tanto queredes e extrañades!!!

O BOTE DOS RECORDOS!!

NECESITAREMOS:
- Un bote de cristal ou plástico... con tapa
- folios
-celo ou cola fría
- macarróns
- pintura de dedos
-cordel ou fio

Crearemos un bote que encheremos con debuxos, poemas, dedicatorias...todo o que se nos ocurra para regalarlle a esa persoa tan especial para nós.
Ademáis podemos facer unha pulseira con macarróns para meterlle tamén no bote como regalo, pintaremos os macarróns e unha vez que estén secos imos meténdoos polo fio ata completalo.
Podemos usar abalorios si temos pola casa, ou palliñas, ou sopa de letras... todo o que se vos ocurra vai quedar super ben!!!

Por fóra podedes decoralo como máis vos guste, poñendolle teas, pegando un folio co nome das persoas para quenes vai a ser, pintandoo con rotus para cristal...


Na tapa podemos pegarlle por dentro unos fios que teñan na punta uns corazóns así quedarán colgando cando tapemos o bote.




Bueno piratiñas pois xa tendes traballo para hoxe!!!! ahora a darlle moitas voltas á cabeciña e a crear cousas moi bonitas!!! 
Nós seguimos esperando as vosas fotos e seguir véndovos a tod@s así de content@s!!!
Un saúdo pequenos grumetes!!!!
😍😍😍😍😍









No hay comentarios:

Publicar un comentario