Mostrando entradas con la etiqueta semana santa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta semana santa. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de marzo de 2015

Ábrese o prazo para as inscricións de SEMANA SANTA

Piratas Aula D'Abaixo!!!!!

A partir de hoxe queda aberto o prazo para inscribirse nas actividades de Semana Santa 2015

Podedes descargar a info e a folla de inscrición neste enlace . Para calquera dúbida estaremos na Aula esperándovos.

Saúdos piratiles !!!!!




Queridos pais e nais:

         O Programa Concilia infórmavos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA AS ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA (30, 31 de Marzo e 1 e 6 de Abril) comezará o 11 de MARZO e remata o 25 de MARZO. 

A partir dese día, poderán entregar a inscrición, xunto coa documentación que se describe a continuación, na aula d’Abaixo.


  • A ficha de inscrición do SEMANA SANTA 2014-15 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).

  • Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2014-2015).
  • Para os/as autónomos/as: Último recibo de autónomos pagado no que figure nome e data.*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2014-2015)

  • Certificado laboral de emprego actualizado. *(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2014-2015)



Moitas grazas, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
11 DE MARZO de 2015

miércoles, 23 de abril de 2014

O coello de Pascua xa marchou...

Ola a todxs: Esta é unha recopilación das mellores imaxes tomadas polo nosos móbiles, das actividades que fixeron os rapaces e rapazas da Aula Pirata.

Fixeron bombas de semente e o día seguinte as lanzaron por tódolos xardíns da escola para ver se logramos que sexan máis bonitiños.
 Tamén organizamos unha búsqueda dos ovos de pascua que o coello perdera na escola. Para ir ben preparados amañaron a súa propia cesta con foam. Despois de de atopalos os comeron con moitas ganas.


 
Con moitas, moitas!!



 Finalmente para rematar as actividades os rapaces e rapazas maiores escribiron e ilustraron o seu propio conto, "A princesa Capisura salva a súa nai". Unha vez rematado léronllo aos máis pequenos.