Ola, ola, ola, bo día a tod@sss¡¡¡
Xa estamos case acabando outra semana, agora pasan mais rápido ehhh¡¡ Aínda que non sabemos ben a que día estamos, porque os días son bastante parecidos.
Todas as monitoras dende o confinamento, estamos procurando propoñervos manualidades, experimentos, xogos, etc... con cousas que poidades ter na casa ou comprar no supermercado, porque somos conscientes que é difícil que consigades outros materiais nestes momentos.
Hoxe imos a ensinarvos un truco ben sinxelo pero moi chulo¡¡¡ imos a PINTAR CON MAXIA.
Necesitamos:
- folios
- rotuladores de cores
- un ROTULADOR PERMANENTE NEGRO (moi importante)
- papel de cociña
- unha fonte planiña coma a da foto
- auga
1º. Botamos auga na fonte e deixámola a un ladiño ata o final.
2º. Collemos un folio para cubrir á mesa e non pintala, porque os rotus permanentes, xa sabedes que traspasan.
Logo collemos un trozo do rolo de papel de cociña e o rotulador permanente e doblámolo pola metade.
É moi importante que esta silueta traspase o papel de cociña e quede na parte de abaixo marcado.
Para que vexades este divertido truco, deixámosvos o enlace:
https://www.facebook.com/cristina.alamar.3/videos/3205646066114574/
Por último ensinarémosvos un experimento con moita cor tamén. Imos ver cómo se forman colores secundarios a partir dos primarios, a través da trasnferencia de cores ou CAPILARIDADE.
Necesitamos:
- 6 vasos
- auga
- papel de cociña
- colorantes alimentarios ou acuarelas: azul, amarelo e bermello
1º. Enchemos con moita auga e o colorante/acuarela, os vasos que situamos nos extremos, e no centro colocamos outro recipiente que só conteñan auga sen colorante.
2º, Corta 6 trozos de papel de cociña, enrólaos e pon dentro dos vasos transparentes, como se amosa na imaxe. Os vasos dos extremos teñen auga con colorante e os do centro só auga.
Como vedes na imaxe, a partir dos 3 colores: azul, amarelo e bermello, obteremos:
bermello + amarelo = laranxa
amarelo + azul = verde
Bueno piratiñas, pois ata aquí as propostas de hoxe.
Probade a facelas que xa veredes que divertidas son, i experimentando aprendemos moitas cousas e non esquezades subilas ao face ou mandárnoslas para que as colguemos.
Unha aperta moi moi grande para tod@s 😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario