miércoles, 22 de abril de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 29.

Bo día piratas!!! Hoxe estabamos algo aburridos no barco, asi que argallamos dous xogos para eses días nos que non se pode nin sacar o fuciño polo ollo de boi do barco porque o tempo non o permite.

O primeiro dos xogos chámase: Descubre o obxecto.

É un xogo no que traballamos o sentido do tacto. Para facelo non necesitades nada máis que:

  • Un pano para tapar os ollos.
  • Unha chea de obxectos como por exemplo: unha pedra, auga, terra...Pero tamén podedes xogar cas texturas e ser algo malucos e poñer un flan, escuma, ou algo viscoso asqueroso....O que se vós ocorra.

Nós decidimos ser moi bos e pasar un ratiño divertido. Tamén preparamos unha especie de mampara para que o/a outro/a pirata non puidese ver nada de nada.
Para a mampara tan só usamos unha caixa de cartón, pintura e algo de imaxinación e asi nos quedou. Ben pensado, tamén o poderíamos usar para un teatriño de marionetas, non credes???



Para que entendades ben o xogo, deixámosvos un vídeiño que fixemos.

Teredes que perdoar porque non se ve asi moi ben, pero gravar e xogar a un tempo é complicado amigos/as piratas!!!!

O seguinte xogo que vós imos propor, acordamos chamalo: Segue os pasos.

Para este xogo, só ides necesitar:
  • Unhas cartolinas ou folios de cores ou uns folios pintados de diferentes cores...con dicirvos que nós usamos uns separadores de plástico que andaban perdidos polo barco.
  • Celo para pegar os folios ao chán.
  • Moito ritmo♫♬♭♮


No vídeo xa volo explicamos todiño.



Se vós animades a xogar a algún deles deixádenos unhas fotiñas para vervos as caras piratas!!!!

ABUUUURRRRRR!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario