lunes, 31 de julio de 2017

Prazo de Inscripción Curso 2017/2018




AULA CONCILIA
 CURSO  2017/2018
Número de prazas ofertadas: 60 (quenda de mañá ) 25 (quenda de tarde).
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través da sede electrónica poderán facelo dende as 9:00 h. do 7 de agosto ata as 14:30 h. do 17 de agosto de 2017.
Prazo de entrega das solicictudes: do 7 ao 17 de agosto (ambos incluídos).
Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: 31 de agosto, no blog da aula e na páxina web do concello.
Prazo de subsanación de erros: do 1 ao 4 de setembro (ambos incluídos).
Publicación das listas definitivas: 6 de setembro.
Requisitos:
-       Estar empadroados no concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor).
-       Ser pai/nai traballador/a con incompatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  1. Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.

Tfnos. de información 988 25 93 85 / 633120494.

No Pereiro de Aguiar, 31de xullo de 2017
O alcalde
Eliseo Fernández Gómez




                                                
                                        





lunes, 24 de julio de 2017

EN MARCHA! IMONOS DE EXCURSIÓN












Qué divertido é aprender, Os piratiñas esta semana fomos de excursión a Meteogalicia, alí vimos como lanzaron un globo que mide a temperatura do aire, e o estado da atmosfera, por onde estará agora?

boa viaxe globo sonda!!




Pero non quedou ahí a visita, os pequenos puxémonos en marcha, porque íamos viaxar no tempo para coñecer cómo era a escola dos nosos avós, como eran os seus libros, as súas pinturas... sabedes que os seus cadernos eran pizarriñas?




























Pero non todo ía ser estudar, tamén xogaban  coas bonecas, con trenes feitos con metal, e facían os seus propios xoguetes, con carrabouxos, madeira, que ben o pasaban!


E os piratiñas tamén xogamos cos seus xogos: o das vinte preguntas con diferentes xoguetes artesanais, entre eles a grilleira, sabedes o que é?






























































Os mais maiores quedamos en Meteogalicia, porque seguimos aprendendo cousas sobre o tempo, sobre as nubes, a atmósfera.



















Cantos aparellos!! termómetros, barómetros, estacións meteorolóxicas.....






 






 












 Ó acabar reencontrámonos todas e todos para merendar, ademáis aproveitámos para xogar un pouco.















 

E voltamos para a casiña, con siesta incluída!!