Bo día piratas. Sabemos que nos está seguindo moita xente que non vén a aula pero que busca ideas e actividades para poder facer cos seus pequechos e pequechas nesta travesía tan longa que nos tocou vivir estes días. Así que, queridos amigos e amigas cibernautas, benvidos a este blog no que tratamos de facervos a vosa estancia en casa algo máis divertida e creativa. Esperamos que disfrutedes coas nosas propostas.
E dito isto, e para todos e todas os que xa nos coñecedes, hoxe imos facer un xogo que temos na Aula e que a algúns e algunhas de vos encántavos. Pista: temos que descalzarnos para xogar, e Nuria e Vicky sempre piden para xogar polas tardes. Xa o adiviñastes: siiiiii, é o twister.
Para comezar imos ver que nos fai falta e que podedes atopar por casa. Según o material que poidades usar teremos dúas opcións.
O ideal sería ter unha tela ou saba branca para poder pintar enriba. Se tendes unha por casa, estirádea no chan, e imos facer os círculos. Para iso necesitamos un lapis e o molde, que pode ser un prato de papel, a parte de arriba de un cubo de praia, ou calquera outro círculo que nos sirva para repasar na tea. (non usedes un moi grande que so lle sirva para xogar a bigfoot, ou un tan pequeno que so colla o pé de Antía e Daiara (decimos elas porque tamén lles rechifla xogar ao twister, jeje).
Facemos 6 círculos de longo, por catro de ancho (en total son 24 círculos, pero se vos parecen moitos, entón facede 5 de cada cor, en vez de 6).
Despois colledes un pincel e a pintar. As cores serán ao voso gusto, ou ao que teñades por casa, que xa sabemos que non hai de todo. Vale pintura de dedos, pintura acrílica, ou calquera outra, pero se non hai entón utilizade rotuladores, que tamén vai quedar bonitiño.
Lembrade colocar periódicos debaixo da tela, para que non manchedes o chan da vosa casa.
Opción 2:
Se non tendes ningunha tela por casa, imos recortar os círculos directamente. Necesitamos folios ou cortolinas de cores, e se non usaremos folios en branco e pintámolos coas cores que nos gusten.
Despois pegámolas ao chan con cinta de carrocero, que é moi limpa e así non o estragamos se é de madeira. Para calcular a separación dos círculos antes de pegalos, mirade canto dades aberto vós as pernas, por exemplo, na foto asegurádevos que chegades cun pé a cor verde e co outro a cor azul, que están cada unha nunha punta. Se non dades, xuntade máis os círculos.
Agora toca facer o taboleiro. Necesitades usar exactamente as mesmas cores que os círculos do chan. Comezamos?
Necesitamos unha cartolina e cortamos un cadrado. despois medimos a metade de cada lado e unimos cun lapis facendo unha cruz.
A continuación facemos os círculos de cores. Son 4 de cada cor, podedes facelos e recortalos, ou pintalos directamente na cartolina. Os nosos van pegados.
Agora imos escribir en cada recadro que parte do corpo tocaría mover: mans e pés dereitos ou esquerdos. E podemos debuxar tamén pés ou mans onde correspondan, como na seguinte foto.
Temos que facer a frecha xiratoria. Para iso collemos un anaquiño de cortolina ou cartón (non o fagades con un folio porque sería moi fino e non xiraría ben). Podedes adornala como queirades. Na parte de atrás facemos un buratiño coa punta dun escarvadentes: Se non conseguides, que vos axude un adulto.
Co mesmo escarvadentes que usastes antes, imos facer un buratiño tamén no centro do taboleiro. (PIDE AXUDA A UN ADULTO PARA FACER ISTO). Cortamos o escarvadentes, pasámolo polo buratiño e colocamos a frecha enriba.
Por último, colocamos un anaco de plastilina nas dúas puntas do escarvadentes e xa temos o noso taboleiro rematado e listo para xogar.
Imos explicar de forma moi sinxela as regras do xogo. Os xogadores deben colocarse arredor dos círculos do chan descalzos. 1 arbitro será o que lle de voltas a frecha do taboleiro. Se sae man dereita ao amarelo (como na foto anterior), todos os xogodores deben facelo. E así, seguirán facendo o que lles mande o árbitro ata que algún ou algunha non consiga manter o equilibrio e caia o chan.
Como sabemos que ides ter que facer moitas contorsións en posturas algo raras (cu para arriba, brazo x detrás da espalda....) imos estirar un pouco os músculos, e para iso bailamos unha cancionciña de just dance que vos gusta moito. Pincha aquí para vela.
Ata a seguinte piratiñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario