miércoles, 22 de diciembre de 2010

Obras de Nadal: Upss!! e A cea de Nadal.







Onte pola tarde estivemmos de gran estreno no paraninfo da Aula D'Abaixo, con dúas obras de producción propia: Upsss!! e A cea de Nadal. Foi un tarde moi divertida, con nervios preobra, pánico cunha das starlettes con febre e na cama, rápidamente substituída por un valiente tripulante do noso barco. Saltos do guión, verbas esquecidas, moitas risas e un final moi dulce, cos actoriños repartindo caramelos entre os presentes.
Sen máis, unhas fotos, e nuns días ¡¡¡¡vídeo!!!!








martes, 21 de diciembre de 2010

Noticias para o tempo das vacacións de Nadal

Átención pais e nais da tripulación pirata!!!

A Aula D’Abaixo pechará os seguintes días:

24 de Decembro de 2010

31 de Decembro de 2010

6 de Xaneiro de 2011

Sen máis desexámosvos un bó Nadal e un feliz Aninovo.

viernes, 17 de diciembre de 2010

Feliz Nadal e boa entrada no 2011


Dende a aula da mañá os nenos e nenas e os monis queremos desexarvos un BO NADAL e un FELIZ ANINOVO!!!!




jueves, 9 de diciembre de 2010

Obra de nadal (obradoiro de teatro)

OBRADOIRO DE TEATRO:

Queridos papás e mamás:

Estamos orgullosos de convidarvós á representación de Nadal o día 21 de decembro. Traede amig@s, familiares, irmáns/as, cuñados/as, macostas…

Lugar: Aula d’abaixo

Hora: 18:30

Como a representación ten lugar un martes, faremos como en anos anterior, recolleremos a todos os nenos e nenas ás 17:00 ao sair do cole para asi ter tempo para vestirnos, maquillarnos e repasar un pouquichiño…

Calquera dúbida aquí estamos para axudar a resolve-la.


viernes, 26 de noviembre de 2010

De todo un pouco polas tardes



Dende fai uns días contamos con xente xa un pouco máis maior do habitual nas aulas da tarde...



Pero non só temos xente nova, senón que tamén temos casa nova!!Si, si de verdade!!





De todo un pouco pola mañán



Si por a mañán xa non lles chega con almorzar e xogar, agora algunhas nenas e algun que outro neno decidiron mostrarnos as súas dotes de bailarinas espontáneas o son dun canción de Manolo Escobar ¿dónde estará mi carro?, cada quen cos seus gustos non?


Todo isto, mentres os/as demais pasaban o rato, lendo ou debuxando...Iso si, con ritmo no corpo!!!






obradoiro de manualidades

Desta vez tocou homiños de neve con barro e avespas de cartulina....Artistazos/as!




Tarxeta de nadal

E por fin despois de mañáns e mañáns de medir, cortar, pegar, pintar, doblar e máis recortar e máis pegar....Finalmente....A tarxeta de nadal para o concurso que organiza o Concello de O Pereiro de Aguiar esta máis que lista!!!!

Iupiiiiii!




O resultado, en canto se poida amigos!!!!

Escoita inglés

Pocoyo, e os seus amigotes son moi bos en inglés...Por iso nos botan unha mán e un pé se fai falta ós monitores e os/as nenos/as para aprender palabras novas.

miércoles, 24 de noviembre de 2010




OS NOSOS PIRATAS TIVERON QUE ATOPAR UN PEQUENO TESOURO QUE ESTABA AGOCHADO NA AULA. A TAREFA NON FOI FÁCIL, XA QUE TIÑAN QUE DESPLAZARSE COS OLLOS TAPADOS. A ÚNICA FORMA DE ATOPALO ERA ESCOITAR O PITIDO QUE EMITÍA O TESOURO.
AROA E AITANAGAÑARON UN PEQUENO PREMIO POR SER AS PRIMEIRAS EN ATOPALO, NORABOA





viernes, 19 de noviembre de 2010

Aprendendo a enfiar e facer lazos



Obradoiros de carteiras

Os nosos nenos e nenas son artistas multidisciplinares...
De tal maneira que, igual pintan que cortan,...
que cosen!!! Bravo por eles!

jueves, 18 de noviembre de 2010







AQUÍ TEDES MÁIS FOTOS DE LETRAS FEITAS POLOS NOSOS PIRATAS

viernes, 12 de noviembre de 2010






Os pequenos piratas retanvos a que descubrades que letras están representando cos seuscorpos, tentade adiviñalas, é moi sinxelo. Esperamos as vosas respostas.