Bos días a todos piratiñas!!!!!!!!!!!!
Antes de nada decirvos que estamos moi contentas de ver as manualidades que ides facendo pero sobretodo…. A VOS!! temos moitas ganas de vervos e darvos os achuchóns que estamos gardando todos estos días!!😊😊
Pero tamén eses tiróns de orellas que vos debemos...porque sabemos que moitos de vos estivestes de cumpleanos asique... para todos os mellores grumetes do mundo mundial..... FELIZ CUMPLEANOS!!
A manualidade que vos propomos hoxe é moi sinxela e así tod@s a poderedes facer, eso si...@s mais pequechiñ@s necesitarán axuda de alguén, pero seguro que hai máis de un/unha disposto a axudar jajajaja
COMECEMOS ENTÓN..... ENCESTANDO A BOLA!!!Seguramente tod@s sepades de que xogo se trata pero antes de xogar toca facelo!!
MANS A OBRA...
O noso quedou asi pero seguro que os vosos quedaran moitiiiisssiiimo mellor!!!
NECESITAREMOS:
- 1 rolo de cartón de papel hixiénico
- Rotuladores, ceras ... o que vos queirades
- 1 trozo de la ou neste caso utilizamos un trozo de lazo
- 1 tesoiras
- Celo
- 1 folio
- 1 trozo cartolina... nós usamos un cachiño de sobre de papel, desos que che dan nas tendas cando lle dices que é para regalo o que compraches 😂😂, só necesitamos que sexa un pouco máis duro ca un folio.
- 1 trozo de papel de aluminio.
-
SEGUIMOS....
Primeiro de nada imos recortar o folio de maneira que nos quede do mesmo tamaño que o rollo de papel hixiénico xa que despois envolveremolo con el.
Así quedou o noso...😎
É o turno da cartolina… colocamos o rolo enriba e con un rotulador facemos un círculo igual de grande que o rolo.
Despois o redor do círculo debuxamos uns cadradiños que nos van a servir de pestanas para pegalo ó rolo de papel.
Botade un ollo á foto que así será máis fácil.
Unha vez o teñamos recortado imos facer un buratiño no medio para meter por ahí a la ou a cinta que vamos a usar para o xogo, e facémoslle un nudo pola parte de dentro para que non se nos escape...
Como podedes ver, nun dos extremos do lazo fixémoslle unha bola co papel de aluminio, só temos que poñer o lazo no medio do papel e apretar forte facendo a forma dunha pelota.
Como vades piratas??? estamos chegando xa ó final non desesperedes!!!
CHEGOU A HORA DE PEGAR:
PRIMEIRO pegamos o circulo co lazo nun dos extremos do rolo de papel, poñémoslle un pouco de celo nas pestanas que dibuxamos e....listooooo!!!
SEGUNDO pegamos o folio no rolo, como si estivesemos envolvendo un regalo, para que así ninguén sepa o noso segredo de como facer este encesta bolas tan chulo!!!
E TERCEIRO....TODO LISTO PARA XOGAR!!!
AGORA QUEREMOS VER CANTAS VECES SODES CAPACES DE ENCESTAR EN 1 MINUTO!!
3,2,1.....XAAAAAAAAAAAAA
Deixámosvos tamén o enlace de unha canción que nos encanta...
podedes poñela mientras facedes a manualidade, mientras axudades nas tarefas da casa ou mentres merendades...acordádesvos das figuras saudables que fixemos coa froita??
animámosvos para que as fagades de novo nas vosas casas... só necesitades algo de froita e poñer a traballar a vosa imaxinación!
estas son algunhas fotos das que fixeramos nós na aula....
e si lle botades un pouco de chocolate derretido enriba… uummm que boas que estaban!!!
Voume correndo a facelo que xa se me fixo a boca auga...😋😋😋
E recordade que....
UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS!!
ÁNIMO XA NON QUEDA NADA!!!!!!
😘😘😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario