martes, 19 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa día 45

Ola Ola piratas!!!!
Un día máis queremos ensinarvos como con cousas que temos pola casa podemos facer uns xogos super divertidos!!!
Hoxe propoñémosvos facer os vosos propios bolos!!!
Queredes saber como???
Pois alá imosssssssss!!!!
😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜

DIVER BOLOS!!!

QUÉ IMOS NECESITAR???
- 6 botellas de auga vacias
- Rotuladores
- Tesoiras
- 1 regra
- Cartulinas de cores
- 1 boli 
- celo ou pegamento




SEGUIMOS.....

Primeiro imos a dividir a nosa cartolina en tiras, nós fixemos tiras de 15cm de ancho e usamos todo o largo da cartolina A3, despois tedes que cortar as tiras seguindo a medida das botellas que usedes, porque podedes tapar toda a botella ou só un pouquiño... eso queda a vosa elección.


Unha vez que temos as tiras, imos a pintar en outra cartolina os ollos 👀, a boca 👄 e todos os accesorios que se vos ocorran…       👂👃👅!!
Nós debuxamos ollos, bocas e cellas, mirade, mirade que bonitas quedaron...💕





XA QUEDA POUCO...

Agora que temos todo listo, só nos queda recortar e pegar.
Primeiro pegamos as tiras nas botellas de plástico, nós fixémolo con celo do gordo para que non se despegaran o tirar con elas.
Se vedes que as tiras son moi longas tedes que cortarlle un pouquiño e... LISTO!!

Como xa tedes os ollos, as bocas e todo recortado agora ven o máis divertido... montar os nosos bolos coas caras máis orixinais!!! 
Queredes ver como quedaron as nosas????
Tranquil@s que ainda que son un pouco monstruosas non asustan jaja todo o contrario vanvos dar moita risa jajjaj



Gustáronvos??? jajaja pois agora só queda coller unha pelota e poñerse a xogar!!! quén de vós tirará máis bolos???? 😏😏😏😏😏😏
Podedes xogar coas vosas familias dentro ou fóra da casa agora que está facendo tan bo tempo!!!

Para que sexa algo máis complicado de tiralas o que fixemos foi poñerlles algo de auga dentro das botellas, unhas poden ter máis que outras porque si están valeiras vai ser super sinxelo que as tiredes jajaja!!!

QUÉN GAÑARÁ???
CONTADENOS NO FACEBOOK CANTAS SODES CAPACES DE TIRAR E CANDO VOLVAMOS XOGAREMOS A VER QUEN TEN MÁIS PUNTERIA DE TOD@S!!!


Vamos facer outro xogo… 
Sabemos que vos encanta a plasti!!!! 
Pois imos xogar con ela e ca nosa imaxinación eso sí... non será tan sinxelo como parece jajaja

😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎


PLASTI A CEGAS!!!


QUE IMOS NECESITAR
- Plastilina (non pasa nada si está mezclada)
- 1 banda/tea para poñer nos ollos




COMO XOGAMOS....

Este xogo é por parellas 👯, un de nós tapa os ollos ca tea e ten que facer unha figura coa plastilina, o mellor que poda claro porque sin ver nada de nada non vos é tan sinxelo jajaja, e @ nos@ compañeir@ terá que adiviñar o que estamos a facer, para eso teremos un tempo maís ou menos sobre 2 minutos cada un porque iremos cambiando de rol para non estar sempre facendo o mesmo.
Agora tócavos darlle a esas cabeciñas para ver que podedes facer ca plasti e que non sexa moi difícil jajaja

Ata aquí un día máis!!!
Mandámosvos todos os bicos virtuais que nos deixa cargar o blog!!!
😙😙😙😙😙

Xa sabedes que nos encanta vervos facendo as actividades que vos imos poñendo asique seguide así e compartide con nós os vosos videos e fotos!!!

ATA MAÑÁÁÁÁÁ PIRATIÑASSSS

⛵⛵⛵⛵⛵⛵













No hay comentarios:

Publicar un comentario