Bo día amiguiñ@s! ¿Alguna vez vos preguntastes
cómo se fan esas barriñas de cereais que tomades na merenda, no almorzo, a
media mañá?. Son moi sinxelas de facer, ademáis son moi nutritivas e aportan
vitaminas e minerais, importantes para o noso organismo.
Hoxe deixámosvos no blog, unha receita para que
fagades en casa.
ides probar a facelas vos mesmos, ¿apetécevos?, ¿Queredes
descubrir estas receita paso a paso?. ¡Pois veña que arrancaamoooos!
Para
facer esta actividade necesitamos que os papis vos axuden/supervisen.
BARRIÑAS DE CEREAIS
CON CHOCOLATE
Ingredientes
200 g copos de avena
80 g de froitos secos variados: pasas, noces, semillas de cabaza, pipas de
xirasol (e todo o que vos apeteza botarlle)
40 g pebidas de chocolate, tamén valen cachiños pequenos de chocolate
(podedes usar chocolate negro, blanco ou con leite)
100 g mel
20 g mantequilla
50 g azucre moreno
1 cullerada de vainilla
1 pizca de sal
O paso a paso
Acendemos o forno a 180ºC calor arriba e abaixo. Botamos
nunha fonte apta para forno forrada con papel de hornear, copos de avena e as
noces troceadas. Horneamos 10 minutos.
Nun cazo e co lume ao mínimo, quentamos mel, o azucre moreno, a mantequilla e a vainilla, e removemos de cando en vez. Non ten que ferver.
Nun cazo e co lume ao mínimo, quentamos mel, o azucre moreno, a mantequilla e a vainilla, e removemos de cando en vez. Non ten que ferver.
Transcorrido o tempo retiramos os copos de avena
e as noces do forno e botámolas nun bol. Engadimos a mestura que estabamos
quentando e remexemos todo moi ben. Incorporamos as pebidas de chocolate e volvemos
a remexer.
Vertemos a mestura na fonte do forno de novo,
presionamos ben para que se quede o máis compacto posible e levamos ao forno a
150ºC durante 35-40 minutos.
O tempo é aproximado, estade pendentes das barriñas, se vedes que xa están tostadas e duriñas xa as podedes sacar do forno.
Transcorrido o tempo retiramos a fonte do forno e deixamos 5 minutos descansar as barritas na fonte, fóra do forno
Pasados cinco minutos deixamos arrefriar as
barritas sobre unha rejilla.
Cando estean xa case frías, cortádeas en procións.
Non teñen que estar quentes, xa que de ser así as barriñas romperanse.
Para os que sodes moi chocolateiros, podedes decorar con chocolate fundido
as barriñas. Derretemos chocolate no microondas ou ao baño maría e mergullamos
as barritas ata a metade. Deixamos secar sobre papel vexetal.
E agora toca o mellor da receta, ¡A
COMELAS!
E acompañando as barriñas, nada mellor que algo fresquiño, saboroso e
nutritivo como un bo BATIDO DE FROITAS.
As froitas tamén aportan moitas vitaminas á nosa dieta.
De novo papis necesitamos que lle botedes unha mán a estes pequenos grandes
chefs, ademáis seguro que o pasaredes xenial cociñando xuntos.
BATIDOS DE FROITAS
BATIDO
Nº 1, BATIDO DE PLÁTANO E CHOCOLATE
Ingredientes
2
culleradas de cacao en pó
1
plátano grande
300
militros de leite (podedes usar desnatada)
Vaso
de batidora
Coitelo
Unha
palliña
Un
vaso
Batidora
(usaremos a batidora de cuchillas, non a de varillas)
O paso a paso
Nun
vaso de bater, mesturamos o leite, as culleradas de cacao e o plátano cortado
en rodaxas. Batemos ben e con coidado coa batidora. Cando esté ben batido,
botamos a mestura nun vaso.
Decoramos
con unha palliña e dúas rodaxas de plátano.
BATIDO Nº 2, BATIDO DE FRESA
Ingredientes
400
gramos de fresas.
1
litro de leite.
75 gramos de azucre (ou botarlle ao gusto)
O paso a paso
Lavamos
as fresas, cortámoslles os rabiños e cortámolas en anacos, reservando algunhas
para a decoración.
Nun
bol botamos as fresas e o azucre, e remexemos todo, deixamos repousar durante
20 minutos na nevera.
Pasado
ese tempo, botámolas na batidora, engadimos o leite e trituramos ata conseguir
un batido cremoso.
Decoramos
con unha palliña e unha fresa.
E
ata aquí as nosas recomedacións culinarias, xa sabedes que podedes recrear
ou adaptar ó voso gustos estas recetas
que vos propoñemos, soamente usade a vosa imaxinación.
AH!!
E non vos esquenzades de compartir con nós o que facedes, escribirnos as vosas experiencias, se vos gustou a
actividade, quen vos axudou, que foi o máis fácil e o máis difícil de facer, e
todo o que vos se os ocorra, porque nos estamos máis que encantadas de ler o
que poñades.
Vémonos
pronto, pero mentras tanto mandámosvos un bico e unha aperta virtual!!!










No hay comentarios:
Publicar un comentario